Jan Asselyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paisaxe italiana coas ruínas dunha ponte romana e un acueduto.

Jan Asselyn, nado en Diepen contra 1610 e finado en Ámsterdan en 1652, foi un pintor neerlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse con Esaias Van de Velde e destacou sobre todo pintando paisaxes e animais, aínda que tamén destacan as súas pinturas históricas e de batallas. Viaxou moito por Francia e Italia.

Foi un dos primeiros pintores holandeses que introduciron unha maneira fresca e clara de pintar paisaxes ao estilo de Claude Lorrain, e o seu exemplo foi seguido por outros artistas. Os cadros de Asselyn eran moi valorados en Ámsterdan, e varios deles están nos museos daquela cidade. Vinte e catro, pintados en Italia, foron gravados.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.