Saltar ao contido

Jamie Stewart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJamie Stewart

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , cantautor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock experimental Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalLawrence English (en) Traducir: HEXA (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiMichael Stewart (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBenjamin H. Bratton (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 77d5b063-3b60-4edd-b65a-0a2bba1b3980 Songkick: 2377282 Discogs: 422427 Genius: Jamie-stewart Editar o valor em Wikidata


James Stewart, nado o 2 de marzo de 1978, é un músico e compositor estadounidense coñecido polo seu papel na banda de rock experimental Xiu Xiu. Stewart tamén tocou con outros grupos como XXL, Former Ghosts, e Sal Mineo.

Biografía[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Stewart naceu en 1978, fillo do músico Michael Stewart, e medrou nos Ánxeles.[1] Durante a súa mocidade estivo en varias bandas antes de formar Xiu Xiu. Mentres aínda estaba no colexio tocou nunha banda parodia e nun grupo de versións de Bauhaus. Tras o instituto tocou o baixo nun grupo co guitarrista Kenny Lyon e membros de banda como Devo, Geza X, The Screamers, e Sparks. Stewart dixo que esa experiencia foi particularmente formativa para a súacarreira, pero non se decatara diso na época. Despois deixou a banda e mudouse para ir á universidade.[2] Durante ese período saíu do armario para os seus pais, e a súa reacción non foi positiva.[3]

Na casa, Stewart tocou brevemente noutras bandas pero sempre era expulsado, polo que un amigo do instituto suxeriu que creasen a súa propia banda, que se converteu en Indestructible Beat of Palo Alto (IBOPA).[2] O seu pai tamén tocaba no grupo,[4] e Stewart tamén colaborou coa banda Korea Girl nese tempo.[5] A revista local Metro Silicon Valley describiu IBOPA como un choque de "dance, louge, disco e ska" cos videos educativos de tráfico do estado de California Red Asphalt,[6] coñecidos por exhibir graficamente accidentes mortais, e sinalou que a banda chamaba a atención sobre a música de South Bay.[7] IBOPA foi fichada brevemente por unha filial de Elektra Records en 1999, e separouse en xullo dese ano cando o selo botou á meirande parte dos seus artistas.[8] A banda anunciou que cinco dos seus membros (Stewart, Cory McCulloch, Kurt Stumbaugh, Tim Kirby e Don Dias)[9] continuarían formando unha nova banda acústica e experimental chamada Ten in the Swear Jar.[8]

Ten in the Swear Jar (XITSJ) continuou co "enfoque infrecuente" de IBOPA con música excéntrica e errática.[9] David Espinoza de Metro describiu a banda como "futurista en instrumentación e errática en mentalidade" coa instrumentación tradicional apoiada por saxos barítonos, banxos, acordeóns e sintetizadores.[10] Engadiu ademais que o son da banda era minimalista e que os instrumentos pouco habituais non eran usados en exceso.[10] Os membros de XITSJ incluían a Jason Albertini de Duster e Miya Osaki de The Chinkees e The Bruce Lee Band, así como a Don Dias, o homónimo da canción de Xiu Xiu "Don Diasco". XITSJ disolveuse en setembro de 2002 e Stewart formou Xiu Xiu.

Xiu Xiu[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xiu Xiu.

Stewart comezou a súa terceira banda, Xiu Xiu, con Cory McCullouch (de XITSJ), Yvonne Chen, e Lauren Andrews.[11] A banda substituíu os instrumentos de rock tradicionais por baterías programadas, instrumentos indíxenas e outros como harmonio, mandolina, campás de metal, gongs, teclados e unha especie de cruzamento entre un guitarrón mexicano e un violoncello con función de baixo.[11] David Espinoza de Metro Silicon Valley comparou a Stewart cun explorador que trazaba novos territorios sonoros en 2001 cando iniciaron Xiu Xiu.[11] Comparou a voz de Stewart cunha combinación da de Robert Smith na súa fraxilidade e a de Trent Reznor da era de The Downward Spiral na súa ira, e observou como Stewart adaptaba as súas interpretacións vocais á excentricidade diversa dos instrumentos individuais.[11] O nome Xiu Xiu, pronunciado en inglés como "shoe-shoe" (/ˈʃuːʃuː/),[11][12] está tomado da personaxe principal da película chinesa de 1998 Tiān Yù, lanzada internacionalmente co nome Xiu Xiu: The Sent Down Girl. Na descrición de Stewart, o tema da película é a falta de resolución: á protagonista pásanlle cousas horribles ao longo da película e finalmente morre tráxicamente ao final. A banda percibiu que os seus primeiros temas coincidían co espírito de "realidade podre" da película, e "que ás veces a vida acaba da peor maneira posible".[13] Stewart dixo que "Fast Car" de Tracy Chapman, que Xiu Xiu versionou en A Promise, tiña un tema semellante.[13]

Stewart no Aarhus Festival en 2017

Stewart visitou Vietnam ao redor de 2001, onde sacou a foto que aparece na portada de A Promise. Para aforrar para a viaxe, abriu un estudio no seu garaxe para bandas locais de punk e ska. Stewart describiu o período entre Knife Play e A Promise como cheo de "cousas realmente malas" na súa vida persoal.[13] En 2003 Stewart dixo que estivo moi influenciado polo gamelán e pola música folk coreana e xaponesa, e que escoitaba sobre todo música clásica contemporánea e "música de baile gai".[13]

Brandon Stosuy, de Pitchfork, dixo que Stewart era "unha das anomalías sempre brillantes da música underground" e comparou o seu estilo vocal con Robert Smith, Annie Lennox e Michael McDonald.[14] Destacou tamén unha "beleza poética e romántica continua" detrás da "violencia" nas letras de Stewart.[14]

O ton de Fabulous Muscles de 2004 reflectiu unha serie de acontecementos "incriblemente, incriblemente violentos, incriblemente chocantes e difíciles de levar" na vida de Stewart.[14] Cando foi entrevistado coincidindo co lanzamento de The Air Force, de 2006, Stewart dixo que ese ano fora "un dos primeiros non dominados por traxedias persoais", aäinda que o ton do álbum reflectía a súa experiencia internalizando os eventos dos anos anteriores, un proceso que sentíu "case mais difícil".[14]

Outros traballos[editar | editar a fonte]

Stewart publicou un álbum con Eugene Robinson de Oxbow como Xiu Xiu & Eugene Robinson Present: Sal Mineo a través de Important Records en abril de 2013.[15] Tamén apareceu no álbum Christmas Island de Andrew Jackson Jihad, e editou un álbum con Jonathan Meiburg de Shearwater, baixo o nome Blue Water White Death.[16]

Fóra da música, Stewart dixo que escribira un "intento infructuoso" dunha novela de humor baseada en "encontros sexuais moi, moi peculiares" que tivo ao longo da súa vida.[14] Escribiu durante dous anos, rematando en 2005, e distribuíu o libro entre os seus amigos. Entre os seus autores favoritos enumeou a Yukio Mishima, Dennis Cooper, Charles Bukowski e Kenzaburō Ōe.[14]

En abril de 2023 Stewart publicou o seu primeiro libro, unhas memorias tituladas Anything That Moves coa editorial británica And Other Stories.[17]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Stewart é abertamente bisexual,[18] e identificouse como queer.[19][20] É fillo de Michael Gassen Stewart, medio irmán do sociólogo Benjamin H. Bratton, e o curmán "desaparecido" do antigo membro de Xiu Xiu e multiinstrumentista Caralee McElroy. O seu tío é o músico John Coburn Stewart.

O pai e o tío de Stewart eran músicos e compositores. Michael foi o cofundador e guitarrista do grupo de folk rock dos anos 60 We Five e tamén foi produtor musical. John foi un antigo membro do grupo de música folk/pop The Kingston Trio, en gran parte acreditado por axudar a lanzar o renacemento da música folk de finais da década de 1950 ata finais da de 1960, e máis tarde tivo éxito como cantautor; quizais sexa máis coñecido como o compositor do éxito número 1 de The Monkees de 1967 "Daydream Believer". "Mike", a canción de peche do álbum Fabulous Muscles de Xiu Xiu de 2004, trata da reacción de Jamie ao suicidio do seu pai en 2002.

Stewart, en varias ocasións, referiuse á súa compañeira de banda Angela Seo como a súa "mellor amiga".[21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jamie Stewart". The Huffington Post. 2013-09-23. Archived from the original on 23 de setembro de 2013. Consultado o 2024-06-23. 
  2. 2,0 2,1 "Where Xiu Xiu's New Album 'Always' Really Came From". HuffPost (en inglés). 2012-03-29. Consultado o 2024-06-23. 
  3. "The travails of Xiu Xiu leader and reluctant Durham resident Jamie Stewart". Indy Week. 2014-04-23. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2014. Consultado o 2024-06-23. 
  4. "They got the beat". www.paloaltoonline.com. Consultado o 2024-06-23. 
  5. "Beat Street". Metroactive Music. Consultado o 2024-06-23. 
  6. "Beat Street". Metroactive Music. 1-7 de agosto de 1996. Consultado o 2024-06-23. 
  7. "Local music booker Michael Sullivan sets his sights east". Metroactive Music. Consultado o 2024-06-23. 
  8. 8,0 8,1 "I.B.O.P.A. gets soaked by Spongebath". Metroactive Music. Consultado o 2024-06-23. 
  9. 9,0 9,1 "Moodfrye goes upbeat on new EP". Metroactive Music. Consultado o 2024-06-23. 
  10. 10,0 10,1 "San Jose's Ten in the Swear Jar delivers a compelling 'Private Map' for debut CD". Metroactive Music. Consultado o 2024-06-23. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Espinoza, David. "Los Dryheavers get into the protection racket". Metroactive Music. Consultado o 2024-06-24. 
  12. Espinoza, David. "RedHeaded Stepchild makes a Front Street Pub crowd wait". MetroActive Music. Consultado o 2024-06-24. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 "Interviews: Xiu Xiu". Pitchfork. 2014-07-03. Archived from the original on 03 de xullo de 2014. Consultado o 2024-06-24. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 "Interviews: Xiu Xiu". Pitchfork. 2014-07-23. Archived from the original on 23 de xullo de 2014. Consultado o 2024-06-24. 
  15. "Sal Mineo = Eugene Robinson (Oxbow) + Jamie Stewart (Xiu XIu); released an LP, playing shows (dates & stream)". Brooklyn Vegan. Consultado o 25 de xuño de 2024. 
  16. "Shearwater's Meiburg + Xiu Xiu's Stewart = Blue Water White Death". Pitchfork. Consultado o 25 de xuño de 2024. 
  17. "Xiu Xiu's Jamie Stewart to Release Memoir 'Anything That Moves'". Exclaim! (en inglés). Consultado o 2024-06-25. 
  18. "Anything That Moves". HuffPost (en inglés). 2011-10-06. Consultado o 2024-06-25. 
  19. Roldan, Erik. "Jamie Stewart interview with ChicagoPride.com". GoPride Chicago (ChicagoPride.com) (en inglés). Consultado o 2024-06-25. 
  20. Gil, Billy (2014-02-16). "Xiu Xiu’s Jamie Stewart Opens Up About Nina Simone, Suicide and "Angel Guts"". Vice (en inglés). Consultado o 2024-06-25. 
  21. Currin, Grayson Haver (14 de marzo de 2012). "The travails of Xiu Xiu leader and reluctant Durham resident Jamie Stewart". INDY Week