James Feldeine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Feldeine
James Feldeine (Breogán).jpg
Panathinaikos
Escolta
Información persoal
Nacemento 26 de febreiro de 1987 (27 anos)
Flag of the United States.svg Nova York, NY
Nacionalidade Flag of the Dominican Republic.svg República Dominicana
Altura 1,92 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
Universidade Quinnipiac (2006–2010)
Carreira dende 2010
Historial de equipos
C.B. Breogán (2010-2012)
Baloncesto Fuenlabrada (2012-2014)
Pallacanestro Cantù (2014-2015)

James Earl Feldeine Padilla, nado o 26 de xuño de 1988 en Nova York, Estados Unidos, é un xogador profesional de baloncesto con pasaporte dominicano que xoga para o Panathinaikos. Formado na Universidade de Quinnipiac, cunha altura de 1,93 metros xoga na posición de escolta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na cidade de Nova York, Feldeine comezou a xogar no instituto cos Cardinal Hayes, pasando posteriormente a participar na Liga Universitaria de baloncesto dos Estados Unidos cos Quinnipiac Bobcats. No seu derradeiro ano coma xogador da liga universitaria, fixo unhas medias de 16,5 puntos, 5,8 rebotes e 2,5 asistencias por partido, cunha porcentaxe en tiros de tres do 35% de acerto. Aínda que nacido en Nova York, é fillo dunha muller dominicana, polo que ten a nacionalidade dese país.[1]

En dous anos no Club Baloncesto Breogán cpnverteuse no cuarto máximo anotador da súa historia (só contando dende a fundación da Liga ACB). Posteriormente asinaria un contrato por tres anos co Baloncesto Fuenlabrada.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]