Jaime Baella
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Jaime Baella | |
---|---|
Nacemento | 1892 |
Lugar de nacemento | Barcelona |
Falecemento | 9 de marzo de 1938 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sindicalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jaime Baella Pérez, nado en Barcelona en 1892 e finado na Coruña en 9 de marzo de 1938, foi un sindicalista e político catalán residente en Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Anarcosindicalista de orixe catalán que foi expulsado de Cuba a comenzos da década dos trinta. Foi perseguido en Valencia pola súa participación na Revolución de Outubro e recalou na Coruña, Camareiro de profesión, participou na directiva sindical do oficio. Formou parte do Comité da Confederación Rexional Galaica a partir de 1935 e dirixiu Solidaridad. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado. Detido no verán de 1937, foi xulgado por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi fusilado o 9 de marzo de 1938.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. p. 37. ISBN 84-87783-79-1.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Jaime Baella na páxina web Nomes e Voces.