Cándido Sánchez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cándido Sánchez Rodríguez
Nacemento1905
 Santiago de Compostela
Falecemento9 de marzo de 1938
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
OcupaciónFerreiro e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Cándido Sánchez Rodríguez, nado en Santiago de Compostela en 1905 e finado na Coruña o 9 de marzo de 1938, foi un ferreiro e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Metalúrxico en Compostela. Na República era presidente do sindicato metalúrxico afiliado á CNT e membro do Ateneo Libertario. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido por repartir follas clandestinas.Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte en representación da CNT do Comité da Fronte Popular que controlou a cidade nos primeiros días. Fuxiu ao monte Pedroso en compañía de Antonio Ramos Varela, Cesáreo Briones Varela e Luís García Pazos e permaneceu agochado nunha casa da rúa do Espírito Santo ate que foi descuberto en xullo de 1937.[1] Foi detido e entregado ás autoridades franquistas. Xulgado na Coruña por rebelión militar en xaneiro de 1938,[2] foi condenado a pena de morte. Foi executado na Coruña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 25-7-1937, p. 25.
  2. El Compostelano, 17-1-1938, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]