Jacques Tourneur
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jacques Thomas 12 de novembro de 1904 12.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Morte | 19 de decembro de 1977 (73 anos) Bergerac, Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Dirección de cine |
Lugar de traballo | Francia |
Ocupación | director de cinema, actor, montador, realizador |
Período de actividade | 1931 - |
Familia | |
Pai | Maurice Tourneur |
|
Jacques Tourneur, nado en París o 12 de novembro de 1904 e finado en Bergerac (Dordoña) o 19 de decembro de 1977 foi un director de cinema franco-estadounidense, coñecido polos seus filmes de terror para a RKO Studios.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en París, era fillo do director Maurice Tourneur,[1] co que se mudou aos Estados Unidos con dez anos.[1] Iniciouse no cinema mentres estudaba no instituto como extra e como anotador en varios filmes mudo.[1] Pai e fillo volveron a Francia tralo seu traballo en The Mysterious Island.[1]
Tourneur comezou a traballar como montador e axudante de director e debutou como director na curtametraxe francesa Tout ca ne vaut pas l'amour en 1931.[1] En 1934 volveu a Hollywood, onde conseguira un contrato con MGM Studios. Mentres traballaba como director da segunda unidade no filme A Tale of Two Cities coñeceu o produtor Val Lewton.
A súa primeira longametraxe como director foi They All Come Out en 1939. Dous anos despois foi despedido da MGM e acollido por Lewton para rodar varios aclamados filmes de terror de baixo orzamento para RKO Studios, como A muller pantera e Eu andei cun zombi.[1] A pesar de que A muller pantera fose considerado un filme de serie B o seu estilo de iluminación e fotografía foi imitado innumerables veces. Tourneur foi entón ascendido á primeira categoría de directores da RKO, dirixindo filmes como Retorno ao pasado e Berlín Express.[1] Na década de 1950 converteuse en director independente e realizou filmes de distintos xéneros como O falcón e a frecha, Stars in My Crown e Night of the Demon. Os seus últimos filmes, A comedia dos terrores (1963) e War-Gods of the Deep (1965) foron protagonizados por Vincent Price.
Nos últimos anos da súa carreira dirixiu episodios de series de televisión, ata que se retirou en 1966 e volveu a Francia.[1]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Director
[editar | editar a fonte]Curtametraxes
- 1931 – Tout ça ne vaut pas l'amour
- 1936 – The Jonker Diamond
- 1936 – Harnessed Rhythm
- 1936 – Master Will Shakespeare
- 1936 – Killer Dog
- 1937 – The Grand Bounce
- 1937 – The Boss Didn't Say Good Morning
- 1937 – The King Without a Crown
- 1937 – The Rainbow Pass
- 1937 – Romance of Radium
- 1937 – The Man in the Barn
- 1937 – What Do You Think?
- 1938 – What Do You Think? (Number Three)
- 1938 – The Ship That Died
- 1938 – The Face Behind the Mask
- 1938 – What Do You Think?: Tupapaoo
- 1938 – Strange Glory
- 1938 – Think It Over
- 1939 – Yankee Doodle Goes to Town
- 1942 – The Incredible Stranger
- 1942 – The Magic Alphabet
- 1944 – Reward Unlimited
Longametraxes
- 1933 – Toto
- 1933 – Pour être aimé
- 1934 – Les Filles de la concierge
- 1938 – They All Come Out
- 1939 – Nick Carter, Master Detective
- 1940 – Phantom Raiders
- 1941 – Doctors Don't Tell
- 1942 – A muller pantera
- 1943 – Eu andei cun zombi
- 1943 – O home leopardo
- 1944 – Días de gloria
- 1944 – Noite na alma
- 1946 – O paso do canón
- 1947 – Retorno ao pasado
- 1948 – Berlín Express
- 1949 – Vida fácil
- 1950 – Stars in My Crown
- 1950 – O falcón e a frecha
- 1951 – Circle of Danger
- 1951 – A muller pirata
- 1952 – Martin, o gaucho
- 1953 – Appointment in Honduras
- 1955 – Stranger on Horseback
- 1955 – Wichita
- 1956 – Unha pistola ó amencer
- 1957 – Nightfall
- 1957 – A maldición do demo
- 1958 – The Fearmakers
- 1959 – Timbuktu
- 1959 – Frontier Rangers
- 1959 – Giant of Marathon
- 1964 – A comedia dos terrores
- 1965 – War-Gods of the Deep
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Earnshaw, Tony (2004). Tomahawk Press, ed. Beating the Devil: The Making of Night of the Demon. ISBN 0-9531926-1-X.
- Young, Gwenda (2001) 'Shadows: Jacques Tourneur's Cinema of Ambiguity'. Film Ireland, 83 (*):47–51.
- Young, Gwenda (1999) 'Jacques Tourneur's World War II Films: From Unity to Chaos'. Popular Culture Review, 10 (2):55–65.
- Young, Gwenda (1998) 'The Cinema of Difference: Jacques Tourneur, Race and I Walked with a Zombie (1943)'. ''Irish Journal of American Studies, 7:101–121.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jacques Tourneur na IMDb (en inglés).