Saltar ao contido

Eu andei cun zombi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eu andei cun zombi
Imaxe
Póster de filme
(1943)
 Instancia de
 Título
I Walked with a Zombie (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Tema principal
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
21 de abril de 1943 (Nova York)
30 de abril de 1943 (Estados Unidos de América)
8 de abril de 1943 (Cleveland)
1943 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
   68 min Editar o valor en Wikidata
 Formato de imaxe
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF316751824 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0001-27BF-0000-I-0000-0000-K Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06mww8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
85% Rotten Tomatoes (7 de outubro de 2021)
8.1/10 Rotten Tomatoes (7 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0036027 Filmaffinity: 813222 Allocine: 943 Rottentomatoes: m/i_walked_with_a_zombie Allmovie: v24149 TCM: 2684 TV.com: movies/i-walked-with-a-zombie Netlix: 70038591 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Eu andei cun zombi (inglés: I Walked with a Zombie) é un filme estadounidense de terror de 1943 baseado en parte nun artigo escrito por Inez Wallace e publicado na revista The American Weekly e na novela de Charlotte Brontë Jane Eyre.

O filme foi dirixido por Jacques Tourneur e producido por Val Lewton. Vodú, zombis e maxia negra combínanse nunha illa misteriosa neste clásico de terror de serie B.[1]

Foi emitido na TVG o 20 de febreiro de 2016.[2]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Betsy Connell, unha enfermeira canadense, é contratada polo señor Holllan, un terratenente dunha plantación azucreira na illa antillana de San Sebastián, para que coide a súa dona, Jessica. Unha vez aló, Betsy comproba que a enferma está nunha especie de estado catatónico; os habitantes do lugar din que é unha zombi.[3]

Produción

[editar | editar a fonte]

O produtor Val Lewton foi obrigado a empregar o título do filme polos executivos de RKO. Oficialmente, baseábase nun artigo escrito por Inez Wallace na American Weekly Magazine.[4] Lewton pediu aos guionistas que tomasen Jane Eyre, de Charlotte Brontë para dar á historia unha estrutura narrativa e investigasen sobre as prácticas do vodú[5][6]

Anna Lee foi seleccionada inicialmente para o papel de Frances Dee, mais tivo que retirarse por ter outro compromiso.[7]

A pesar de que Eu andei cun zombi foi definido como "unha esaxeración aburrida e repugnante dun enfermizo e anormal concepto da vida"[8] por The New York Times en 1943,[9] os críticos despois chamárona "intelixente" (William K. Everson),[10] "excepcional" (Leonard Maltin)[11] e "o máis elegante" dos filmes de terror de Lewton na RKO (Tom Milne).[12]

En 2007, Stylus Magazine considerouno o quinto mellor filme de zombis da historia.[13]

  1. "Canal TCM". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2011. Consultado o 02 de outubro de 2011.
  2. La Voz de Galicia, 20 de febreiro de 2016. Páxina 54.
  3. The New York Times (ed.). I Walked with a Zombie.
  4. Wallace, Inez. "I Walked with a Zombie." Reprinted in Peter Haining, Zombie! Stories of the Walking Dead (Londres 1986): pp.95- 102.
  5. "Focusfeatures.com". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 20 de maio de 2018.
  6. TCM.com
  7. Hanson, Patricia K.; Dunkleberger, Amy (1999). AFI: American Film Institute Catalog of Motion Pictures Produced in the United States: Feature Films 1941-1950 Indexes, Volume 2. University of California Press. p. 1127. ISBN 0520215214. According to a 21 Oct 1942 HR news item, Anna Lee was initially slated to play 'Betsy,' but was forced to withdraw because of a previous commitment.
  8. En inglés, "A dull, disgusting exaggeration of an unhealthy, abnormal concept of life".
  9. Review in The New York Times, 22 de abril de 1943
  10. William K. Everson: Classics of the Horror Film. The Citadel Press, 1974.
  11. Leonard Maltin's 2008 Movie Guide. Signet/Penguin Group, 2007.
  12. Time Out Film Guide, Seventh Edition 1999. Penguin Group, 1998.
  13. "Stylus Magazine’s Top 10 Zombie Films of All Time - Movie Review - Stylus Magazine". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2018. Consultado o 20 de maio de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]