Saltar ao contido

Jacobo Rey Daviña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJacobo Rey Daviña
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1881 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de febreiro de 1979 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
1952 – 1965
← Frutos Cerecedo LapatzaVictoriano Piñeiro →
Presidente da Deputación de Pontevedra
7 de outubro de 1938 – 9 de agosto de 1939
← Javier Puig LlamasLuis de Toledo Freire → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Premios

Jacobo Rey Daviña, nado en Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1881[1] e finado en Vilagarcía de Arousa o 7 de febreiro de 1979,[2] foi un comerciante e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Educouse na escola de seu pai en Compostela. Foi socio-xerente de Hijos de Simeón García en Vilagarcía de Arousa, e en 1927, durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera, foi nomeado delegado provincial en Pontevedra do Monopolio de Petróleos. Deputado provincial en representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa, foi presidente da Deputación de Pontevedra entre o 7 de outubro de 1938 e o 9 de agosto de 1939, en plena guerra civil. Foi alcalde de Vilagarcía de Arousa, na ditadura franquista, de febreiro de 1952 ao 1 de xullo de 1965.

Distincións

[editar | editar a fonte]

En 1970 recibiu a Medalla ao Mérito no Traballo.[3]

Predecesor:
Javier Puig Llamas
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1938 - 1939
Sucesor:
Luis de Toledo Freire
Predecesor:
Frutos Cerecedo Lapatza
 
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1952 - 1965
Sucesor:
Victoriano Piñeiro

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Ten dedicada unha céntrica rúa en Vilagarcía de Arousa, pendente de cambio de nome en función da Lei de memoria histórica de España e a petición de partidos políticos e colectivos cidadáns.

  1. Amoedo López, Gonzalo (2010). A memoria e o esquecemento: O franquismo da provincia de Pontevedra. Vigo: Xerais. p. 139. ISBN 978-84-9914-192-3. 
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-2-1979, p. 49.
  3. "Orden del 1 de mayo de 1970 por la que se concede la Medalla «Al Mérito en el Trabajo», en su categoría de Plata con ramas de roble, a don Jacobo Rey Daviña y otros" BOE, 1 de maio de 1970.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]