Victoriano Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Victoriano Piñeiro
Nacemento1920
 Vilagarcía de Arousa
Falecemento9 de outubro de 1993
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Victoriano Piñeiro Acosta, nado en Vilagarcía de Arousa en 1920 e falecido no mesmo concello o 9 de outubro de 1993,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con estudos en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi procurador dos tribunais. Traballou como auditor e xestor en Vilagarcía de Arousa onde foi designado concelleiro en 1960. Cinco anos despois, en 1965 foi nomeado alcalde da cidade, cargo que ocupou ata a súa dimisión en 1976. Tamén ocupou un escano de deputado provincial durante máis dunha década. Durante o seu mandato como alcalde, Vilagarcía coñeceu unha grande expansión urbana. Adquiriu xudicialmente, sendo alcalde de Vilagarcía de Arousa, o pazo Quinteiro da Cruz, en Lois, onde conseguiu unha importante colección de camelias.


Predecesor:
Jacobo Rey Daviña
 Vilagarcía de Arousa.svg
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1965 - 1976
Sucesor:
José Luis Nogueira

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Medalla de Ouro de Vilagarcía. Foi nomeado Alcalde Honorario Perpetuo e fillo predilecto de Vilagarcía.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Maruxa Lago, e foi pai de Carmen, Beatriz, Teresa e Pedro Piñeiro Lago.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Arousa, 10.10-1993, p. 45.