Saltar ao contido

Frutos Cerecedo Lapatza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrutos Cerecedo Lapatza
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 1975 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
4 de marzo de 1948 – 1 de febreiro de 1952
← Juan Gil SequeirosJacobo Rey Daviña →
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
21 de novembro de 1941 – 8 de maio de 1944 – Juan Gil Sequeiros →
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
9 de decembro de 1936 – 15 de febreiro de 1937
← Valentín Briones ReyJuan Gil Sequeiros → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Frutos Cerecedo Lapatza, nado cara a 1894 e finado en Pontevedra o 22 de maio de 1975, foi un empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutor en Dereito pola Universidade Central aos 20 anos, colaborou en Galicia Nueva.[1] Avogado en Vilagarcía, rexentou a Academia Cerecedo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi encargado por Salvador Mujica Buhigas, Comandante Militar, de formar a Comisión xestora do concello de Vilagarcía de Arousa, que presidiu. O 9 de decembro de 1936 foi nomeado alcalde, ocupando o cargo ata o 15 de febreiro de 1937. O 21 de novembro de 1941 volveu ser nomeado alcalde de Vilagarcía, finalizando o seu mandato o 8 de maio de 1944. Foi alcalde novamente o 4 de marzo de 1948 cesando o 1 de febreiro de 1952. En marzo de 1952 foi designado deputado provincial. Seguiu pertencendo ao Consejo Local del Movimiento de Vilagarcía nos anos sesenta.[2] Finou nunha clínica de Pontevedra o 22 de maio de 1975.[3]


Predecesor:
Valentín Briones Rey
 
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1936 - 1937
Sucesor:
Juan Gil Sequeiros
Predecesor:
Eduardo Miranda Lamas
 
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1941 - 1944
Sucesor:
Juan Gil Sequeiros
Predecesor:
Juan Gil Sequeiros
 
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1948 - 1952
Sucesor:
Jacobo Rey Daviña
  1. Galicia Nueva, 4-10-1914, p. 3.
  2. La Noche, 1-11-1965, p. 8.
  3. El Pueblo Gallego, 24-5-1975, p. 14.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]