José Garabal Louzao
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1835 Santiago de Compostela, España |
Morte | 18 de xuño de 1907 (71/72 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor, decorador, restaurador |
Influencias | |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia Diccionario enciclopédico galego universal |
José María Garabal Louzao, nado en Santiago de Compostela en 1835 e finado ibídem o 18 de xuño de 1907, foi un pintor, decorador, copista e restaurador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse con Juan José Cancela del Río. Os pais enviárono a Madrid, onde tivo por mestre a Federico Madrazo na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. De volta a Santiago opositou á praza de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País, sen éxito, pois gañoulla Modesto Brocos. Practicou unha pintura romántica e costumista en retratos, paisaxes e pintura relixiosa. Con motivo de senllas visitas reais a Compostela, en 1859 regaloulle unha acuarela do Pórtico da Gloria a Isabel II e en 1887 dúas obras de tipos galegos a Afonso XII. Foi nomeado pintor e decorador da Casa Real.
Destaca o seu traballo na decoración do patio do arcebispo Malvar en San Martiño de Salcedo, a restauración do altar maior da Catedral de Santiago de Compostela e a restauración e decoración do Recreo Artístico e dos cafés "Suízo" e "España" de Santiago de Compostela. Restaurou parte dos cadros do palacio arcebispal a petición do cardeal Herrera.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
"Numancia" (versión, a escala reducida, da obra homónima de Alejo Vera, do ano 1881), 1890. Colección particular.
-
Escena de Romería, 1892. Colección particular.
-
Mártir misioneiro ou mártir paúl, 1898. Colección do Concello de Santiago de Compostela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Garabal Louzao |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Garabal Louzao, Xosé". Diccionario enciclopédico galego universal 30. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 40. ISBN 84-7680-429-6.
- "Garabal Louzao, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 130.
- "Garabal Louzao, Xosé". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. pp. 467–468. ISBN 84-7680-288-9.
- Vilanova, Alberto (2005). "Garabal Louzao, José". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- López, J. M. (1990). "El Arte Contemporáneo". Enciclopedia temática de Galicia (en castelán) V. Nauta. ISBN 84-278-1210-8.
- Martínez Vilanova, F. (1998). A pintura galega (1850-1950). Escola, contextualización e modernidade. Xerais. ISBN 978-84-8302-271-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Listaxe de bibliografía sobre o autor en pintoresgallegos.com
- Museo Virtual Universidade de Santiago de Compostela.