János Bolyai
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (hu) Bolyai János 15 de decembro de 1802 Cluj-Napoca |
| Morte | 27 de xaneiro de 1860 Târgu Mureș |
| Causa da morte | pneumonía |
| Lugar de sepultura | Reformed Protestant cemetery (en) |
| Residencia | Domáld (en) Transilvania |
| Educación | Academia Militar Theresiana (pt) Reformed School, Târgu Mureș (en) |
| Director de tese | Farkas Bolyai |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Xeometría, Xeometría non euclidiana e matemáticas |
| Ocupación | matemático |
| Empregador | Imperial Austrian Army (en) |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Familia | |
| Pai | Farkas Bolyai |

János Bolyai, nado o 15 de decembro de 1802 en Kolozsvár (actual Romanía) e finado 27 de xaneiro de 1860, foi un matemático húngaro. Seu pai, Farkas Bolyai, tamén era matemático e amigo de Carl Friedrich Gauss.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 13 anos xa dominaba o cálculo. Entre 1818 e 1822 estudou no Colexio Real de Enxeñaría en Viena. En 1832 publicou un completo tratado sobre xeometría non euclídea, sen coñecer a Nikolai Lobachevski, que tres anos antes publicara un estudo similar, polo que os seus logros matemáticos non foron merecidamente recoñecidos.
Pertenceu ao corpo de oficiais-enxeñeiros da armada austríaca durante 11 anos, onde se destacou pola súa gran capacidade lingüística, que lle permitiu falar ata nove idiomas estranxeiros (incluído o chinés) e polas súas cualidades de violinista, bailarín e esgrimista.
En 1833, aqueixado de febres, tivo que xubilarse da súa carreira militar. Dende entón adicouse á investigación matemática. Morreu de pneumonía, o 27 de xaneiro de 1860 en Marosvásárhely, Hungría.
Na súa honra, déuselle o seu nome a un cráter lunar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: János Bolyai |