Nikolai Ivanovich Lobachevski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nikolai Lobachevski.

Nikolai Ivanovich Lobachevsky (Никола́й Ива́нович Лобаче́вский), nado en Nizhny Nóvgorod o 1 de decembro de 1792 e finado en Kazán o 24 de febreiro de 1856, foi un matemático ruso do século XIX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Kazán. Ensinou en Kazán dende 1812 ata 1846, chegando a ser profesor de matemáticas en 1823.

Con independencia do húngaro János Bolyai e do alemán Carl Friedrich Gauss, Lobachevski descubriu un sistema de xeometría non euclídea. Foi un dos primeiros en aplicar un tratamento crítico aos postulados fundamentais da xeometría euclídea. Entre os seus principais logros atópase a demostración de varias conxecturas relacionadas co cálculo tensorial aplicados a vectores no espazo de Hilbert.

Entre as súas obras destacan Sobre os principios da xeometría (1829) e Xeometría imaxinaria (1835).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Flag-map of Russia.svg
A Galipedia ten un portal sobre:


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Página web sobre Nikolai Ivanovich Lobachevsky