Izquierda Republicana en Galicia
![]() | Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Izquierda Republicana" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Izquierda Republicana estaba constituído en Galicia ao se formar en abril de 1934 basicamente polos militantes procedentes do Partido Republicano Gallego, xa que o Partido Republicano Radical Socialista Independiente estaba formado polo sector minoritario do antigo Partido Republicano Radical Socialista e a Acción Republicana apenas tiña representación no país fóra de Pontevedra ao se pasar a AR a maior parte da agrupación local do PRG en 1933.
Ao longo do ano 1934 realizouse unha campaña de afiliación que conduciu ao establecemento de numerosas agrupacións locais en contraposición ao resto dos partidos republicanos que eran partidos de notables e non de masas. En 1935 IR e o Partido Galeguista asinaron unha serie de acordos de colaboración, IR foi partido máis favorable o Estatuto de Autonomía despois do propio PG, que aumentaron ao establecerse a Frente Popular, no cal IR constituíu a principal forza en Galicia, conseguindo 11 escanos nas eleccións de 1936.