Iván Nespereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iván Nespereira
Nacemento1978
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo e realizador
editar datos en Wikidata ]

Iván Díaz Nespereira, tamén coñecido como Iván Nespereira, nado en Ourense en 1978[1], é un fotógrafo e realizador galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde 2002 traballa como fotógrafo e realizador no campo da publicidade desde 2002. Colaborou con cineastas cómo Pela del Álamo (N-VI) ou Óliver Laxe (París#3).

En 2018 gañou o galardón Photoespaña ao mellor libro do ano na categoría autoedición co volume Nueva Galicia, unha investigación realizada no Perú.[3] O proxecto creativo está formado por libro, unha exposición e mais unha curtametraxe e xorde nunha primeira viaxe ao Perú que lle permitiu navegar, en xeiras sucesivas, e ao longo de oito anos, os ríos Amazonas, Ucayali e Abujao. Nestas viaxes en solitario coñece os lugares relacionados coa economía do caucho e, de xeito imprevisto, bate coa memoria dunha colonia de descendentes de galegos que chegaron a Iquitos atraídos polo látex. Instaláronse nesa cidade e crearon aldeas como Nueva Galicia, que dá título ao libro. O fotógrafo explica o primeiro contacto coa historia desa colonia: "O capitán [do barco] levoume primeiro a coñecer as súas tías, as irmás Iglesias Graña, fillas de galegos de Amiudal, en Avión, e emparentados con Alfonso Graña, o que había ser rei dos xívaros na selva amazónica. Pedíanme que lles falase en galego, que lles gustaba oílo". Nespereira coñece e documenta a memoria destas aproximadamente quince familias de ascendencia galega, moi influíntes e moi afastadas dos tópicos da migración galega a Latinoamérica, xa que nela non hai lugar para a morriña nin ao desexo de regreso. Entre outras, recolle as historias do libreiro Cesáreo Mosquera, que vendía libros europeos e cómics de Marvel na selva ou os irmáns Barcia Boente, que contrataron topógrafos para perimetrar na selva un territorio co feitío de Galicia.[4]

O documental transmedial[editar | editar a fonte]

Este fotolibro a cor non é só un documento antropolóxico senón un proxecto creativo sobre o colonialismo e a economía do caucho porque Díaz Nespereira concibe o documental como un dispositivo de narración expandida e transmedial que reúne diferentes prácticas (como a fotografía, o vídeo, a documentación e recompilación de obxectos), por iso a publicación en libro de autor vai complementado cun filme, unha exposición e un repositorio.[5] O relato parte dos desprazamentos en sentidos opostos entre Europa e América no século XIX, marcando o comezo e o remate da fervenza da explotación do látex na Amazonia: por unha banda, as migracións de europeos levados pola febre da extracción, e por outra a viaxe do explorador inglés Henry Alexander Wickham en 1876, que leva con el unhas sementes da Hevea brasiliensis, o que permitiu a súa expansión global.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Díaz Betz, Cecilia (2017-10-18). "Iván Nespereira: Nueva Galicia y otros relatos fotógráficos". Good2b (en castelán). Consultado o 2018-09-19. 
  2. Lamono (ed.). "#Lamonochats: Iván Nespereira y Nueva Galicia, raíces peninsulares en Sudamérica". Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  3. "Nova Galicia, de Iván Nespereira, gaña o Photoespaña a mellor libro autoeditado". Cultura Galega. 12 de xuño de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  4. Pato, Alfonso (2011-08-07). "Tras la huella de la Galicia amazónica". El País (en castelán). Consultado o 2018-09-19. 
  5. "Iván Nespereira, Nueva Galicia, 2018". Punto de Fuga (en castelán). 2018-12-15. Consultado o 2019-02-20. 
  6. Romaní, Ana (18/06/2018). "Iván Nespereira gaña o premio Photoespaña ao mellor libro de fotografía [entrevista]". CRTVG. Consultado o 2018-09-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Entrevistas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]