Río Ucayali
| (es) Río Ucayali | |||||
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | |||||
| Continente | América do Sur | ||||
| País da cunca | Perú | ||||
| División administrativa | Departamento de Loreto, Perú | ||||
| Final | |||||
| Localización | Amazonas | ||||
| |||||
| Afluentes | 21 | ||||
| Conca hidrográfica | Bacía do río Amazonas | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 400 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 375.000 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Caudal | 12.600 m³/s | ||||

O Ucayali é un longo río peruano, considerado como un dos brazos principais do curso alto do río Amazonas, do que se coida a orixe mesma. O sistema Amazonas-Ucayali eleva a lonxitude do primeiro até os 6.275 km.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O río Ucayali nace na rexión homónima, no Perú, da confluencia dos ríos Apurimac e Urubamba, no nordeste dos Andes centrais. Corre, en suave pendente cara ao noroeste do país até xuntarse co río Marañón, preto da poboación de Nauta, na Rexión de Loreto, dando dese xeito a unha dobre fonte para o Amazonas. Desde a confluencia do Apurimac e o Urubamba, a lonxitude do Ucayali é de 1.600 km.
O seu curso total atinxe os 2.670 quilómetros de lonxitude, se se toma como nacemento o do río Apurimac, que ten lugar no Nevado de Mismi, a uns 160 km ao oeste do lago Titicaca.

Afluentes
[editar | editar a fonte]Os tributarios máis importantes do Ucayali son o Urubamba, o Cohenga, o Tahuania, o Sheshea, o Tamaya, o Tapiche, o Pachitea e máis o Aguaytía.
Portos fluviais
[editar | editar a fonte]Do total do percorrido do Ucayali, uns 1.500 son navegábeis para embarcacións de até 3.000 tm. Os portos principais nas súas beiras son as cidades de Pucallpa, Contamana e Requena.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Ucayali |
