Ishi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ishi
Ishi portrait.jpg
Nacemento Descoñecida
Lugar Ophir, California
Falecemento 25 de marzo de 1916
Lugar Universidade de California, Berkeley
Causa tuberculose
Nacionalidade Estados Unidos de América
Etnia Yana people
Ocupación Xefe tribal
Premios California Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Ishi, nado c. 1861 e finado o 25 de marzo de 1916, foi o derradeiro membro dos yahi, un grupo do pobo yana que habitou no estado de California. Amplamente aclamado no seu tempo por ser o "derradeiro indio salvaxe" de América do Norte, Ishi viviu a meirande parte da súa vida sen contacto coa cultura moderna. Con 50 anos de idade, no ano 1911, apareceu preto de Lassen Peak, tamén coñecido como Wa ganu p'a.

Ishi significa "home" na lingua yana. O antropólogo Alfred Kroeber deulle ese nome porque na cultura yahi, a tradición esixía que el non debía dicir o seu nome ou de calquera que xa morrera.[1] Cando lle preguntaron polo seu nome, el respondeu: "Non teño ningún, porque non queda xente para chamarme," o que quería dicir que xa non había yahi para dicir o seu nome. Foi levado polos antropólogos até a Universidade de California, Berkeley, que o estudaron e o contrataron como asistente de investigación. Viviu os seus cinco anos restantes de vida nun edificio da universidade en San Francisco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ISHI: A Real-Life The Last Of The Mohicans". ISHI: A Real-Life The Last Of The Mohicans. Consultado o 1 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kroeber, Theodora; Kroeber, Karl (2002). University of California Press, ed. Ishi in two worlds : a biography of the last wild Indian in North America (en inglés). Berkeley. ISBN 978-0-520-22940-2. OCLC 50805975. 
  • Merton, Thomas (1976). Unicorn Press, ed. Ishi means man. Unicorn keepsake series 8. Greensboro, N. C. 
  • Waterman, T. T. (1917). "Ishi, the Last Yahi Indian". En Hampton Normal and Agricultural Institute. The Southern Workman 46. pp. 528–537. 
  • Waterman, T. T. (xaneiro de 1915). "The Last Wild Tribe of California". Popular Science Monthly 86. pp. 233–244. 
  • Ishi's Brain: In Search of America's Last 'Wild' Indian Starn, Orin, New York: W.W. Norton, 2004. (ISBN 0-393-05133-1)