Batuko Tabanka
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Batuko Tabanka | |
---|---|
Orixe | Burela, ![]() |
Xénero(s) | Batuque |
Batuko Tabanka é un grupo musical integrado por vinte e catro mulleres de orixe caboverdiana que viven en Burela, Lugo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Forman un grupo de música tradicional de Cabo Verde, no que cantan e tocan o batuko, que é un pano pregado colocado entre as pernas. Antonina de Cangas, Antonina de San Cibrao, Ivone, Fafá, Beba, Isabel, Dezidéria, Ilda, Mariazinha, Chuca, Morena, Ilisa, Pachuca, Gali, López, Gusma, Numete, Linsaja, Katuka, Mascu, Canlita, Comato, Belita e Santinha, son as integrantes do grupo.