Anubía é un grupo musical de tradicional folk galego formado en 1998 por seis mulleres pandeireteiras –Isabel Vilaseco, Eva Blanco, Ana Blanco, Maite Castro, Teresa Triáns e Patricia Blanco– que combinan nas súas cancións tradición e modernidade.
Antes de formar Anubía as membros do grupo formaban parte do grupo de música e baile tradicional Cantigas e Agarimos, e participaron en 1996 no álbum de estrea de Berrogüetto, Navicularia, acompañando á banda durante os directos na xira internacional que emprenderon entre 1996 e 1998.[1]No 2014 retomaron a colaboración participando na xira de despedida do grupo.
Anubía formaríase en 1998 e o seu primeiro traballo discográfico titulouse Segredo a voces (Boa Music, 2001), e fai referencia á riqueza da tradición musical galega pouco recoñecida naquel momento e que elas recuperaban facendo traballo de campo cos trasmisores das melodías e bailes de lugares, parroquias e aldeas de Galicia tratando de rexistralas e difundilas para evitar a súa perda, nas actuacións e colaboracións que fixeron con múltiples artistas, entre eles Kepa Junkera ou Anxo
Nos doce temas que se recollen no disco, escoitamos polifonías vocais ben equilibradas entre elas e cos instrumentos. . A dirección e arranxos musicais do disco foi de Pablo Pérez Sanmamed contrabaixista e compositor cunha diltada traxesctoria compositiva no campo da bandas sonoras e míusica para danza, teatro ou televisión ademais de ter participado en máis de 50 discos de música clásica e jazz. Durante os directos estaban compañadas de Pablo Pérez Sanmamed, Nuria de León, Ramón Feás Chiri, Jorge Juncal e Jacobo á batería. A produción correu a cargo de Pancho Álvarez, membro da banda de Carlos Núñez. Nesta ducia de temas hai influencias árabes e pop, xunto á tradición. A música de catro dos membros de Berrogüetto na gravación do álbum contribúe a dotar o son dunha calidade excepcional.