Pobos iroqueses
| Pobos iroqueses | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Relixión
Karihwiio, Kanoh'hon'io, Kahni'kwi'io, Cristianismo, Longhouse, Handsome Lake, outras relixións indíxenas | |||||
|
Coincidente
| |||||
|
Relacionados
| |||||
| Rexións principais | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata C:Commons | |||||

Os iroqueses[1] ou haudenosaunee son unha histórica e poderosa confederación nativa americana do nordeste do continente. Eran coñecidos durante a era colonial francesa como Liga iroquesa, e posteriormente como Confederación iroquesa, mentres que os colonos ingleses referíanse a eles como Cinco nacións (antes de 1722) e Seis nacións, comprendendo os pobos mohawk, onondaga, oneida, cayuga, seneca e tuscarora.
Os iroqueses absorveron numerosos pobos á súa cultura como resultado de guerras, a adopción de prisioneiros e a acollida de pobos desprazados.
Os pobos históricos erie, conestoga, wyandot (huróns) e iroqueses de San Lourenzo, todos pobos independentes, falan tamén linguas iroquesas. Dende o punto de vista lingüístico, son considerados tamén pobos iroqueses polas similitudes lingüísticas e culturais; porén, eran inimigos tradicionais da Liga Iroquesa.[2]
No 2010, máis de 45 000 iroqueses vivían no Canadá, e arredor de 80 000 nos Estados Unidos de América.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de iroqués, -esa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Daeg de Mott, D. K. (2009). Worldmark Encyclopedia of Cultures and Daily Life, Vol. 2 (2nd ed.). Detroit: Gale. pp. 304–310. ISBN 978-1414448909. Consultado o 12 de abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobos iroqueses |