Interior Galego Vivo
| Interior Galego Vivo | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Interior Galego Vivo é un partido político galego sustentado en diversas agrupacións locais das provincias de Lugo e Ourense que defende condicións dignas de vida no rural galego dende unha perspectiva de esquerda e galeguista. Anteriormente foi unha asociación, rematando por entrar en contacto con En Marea.
Historia
[editar | editar a fonte]Como asociación
[editar | editar a fonte]Constituída inicialmente como unha asociación en defensa dos servizos e a calidade de vida no rural galego, pasou a colaborar coa formación En Marea. Nas eleccións municipais de 2019 varias agrupacións deste partido da provincia de Lugo, vinculadas inicialmente a Cerna e Participación Democrática Directa en 2015, concorreron baixo a marca desta asociación. Desta forma conseguiron un total de 7 concelleiros: 2 en Chantada baixo a formación Por Chantada, 2 en Sober con Agroma Sober, 2 en Folgoso do Courel con C@urel Vivo e 1 en Monforte de Lemos con espertamonforte!. Estas candidaturas formaron parte da oposición neses concellos, dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta neses municipios, agás Monforte de Lemos que a logrou o PSdeG.
Como partido
[editar | editar a fonte]Trala definitiva desaparición de En Marea como partido en 2020 estas agrupacións mantiveron a súa actividade política. En 2021 mantiveron unha asemblea no Courel onde aprobaron os seus principios políticos e comezaron a manter contactos con outras agrupacións e asociacións da provincia lucense. En maio de 2022 constituíronse oficialmente como partido tras unha asemblea en Antas de Ulla, sumando precisamente á Alternativa Veciñal de Antas de dita localidade que lograra 1 concelleiro en 2019. A maiores sumaron a formacións da provincia de Ourense vinculadas anteriormente a En Marea como Son de Manzaneda, Son de Trives, Son do Pereiro de Aguiar, Xuntos por Laza ou Xuntos por Chandrexa de Queixa, as cales contaban con representación nos seus concellos e das cales contaran anteriormente con experiencia de goberno Son de Manzaneda e Son de Trives, a primeira coa alcaldía ata 2019 e a segunda como socio minoritario do PSdeG durante 2 meses tralas municipais de 2019.
Nas eleccións municipais de 2023 concorrero con estas formacións xunto coas de Terras de Portomarín, Vilardevós-IGV e San Sadurniño-IGV.
Forza institucional
[editar | editar a fonte]| Concello | Candidatura | Concelleiros |
|---|---|---|
| Antas de Ulla | Alternativa Veciñal de Antas | 1 / 11 |
| Chandrexa de Queixa | Xuntos por Chandrexa de Queixa | 1 / 7 |
| Chantada | Por Chantada | 2 / 13 |
| Folgoso do Courel | C@urel Vivo | 2 / 9 |
| Laza | Xuntos por Laza | 2 / 9 |
| Manzaneda | Son de Manzaneda | 2 / 7 |
| Monforte de Lemos | espertamonforte! | 1 / 17 |
| O Pereiro de Aguiar | Son do Pereiro de Aguiar | 0 / 13 |
| A Pobra de Trives | Son de Trives | 2 / 11 |
| Portomarín | Terras de Portomarín | 0 / 9 |
| San Sadurniño | San Sadruniño-IGV | 0 / 11 |
| Sober | Agroma Sober | 2 / 11 |
| Vilardevós | Vilardevós-IGV | 0 / 9 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Documento político" (PDF). IGV.