Inna Afinogenova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaInna Afinogenova

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Инна Афиногенова Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1989 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Daguestán, Rusia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Moscova Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCanal RED (2023–)
Caras y Caretas (2022–)
Público (2022–)
Russia Today (pt) Traducir (–2022) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: inafinogenova Instagram: inafinogenova Telegram: inafinogenova Youtube: UCew_WONZCxLqNdTpZ6gXUeA Editar o valor em Wikidata

Inna Afinogenova (en ruso: Инна Афиногенова), nada no Daguestán, (daquela na Unión Soviética), o 14 de xaneiro de 1989, é unha xornalista rusa. Até o mes de maio de 2022 traballou como subdirectora da páxina web de RT en Español e para a canle en YouTube Ahí les va.[1][2][3][4] Dende xuño de 2022 colabora no programa La Base, do xornal dixital español Público[5] e dende o 30 de xuño tamén colabora co programa Macondo, da revista uruguaia Caras y Caretas con Leonardo Grille e o arxentino Marco Teruggi.[6][7]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Afinogenova naceu o 14 de xaneiro de 1989, na daquela RASS do Daguestán, parte da RSFS de Rusia (Unión Soviética). Graduouse en xornalismo pola Universidade Estatal M.V. Lomonósov de Moscova.[8][9] O xornalismo e a lingua castelá son os seus meirandes intereses. Aprendeu castelán dende moi nova e recibiu clases dunha mestra arxentina dende os 12 até os 18 anos.[10] Nunha entrevista co presentador arxentino Beto Casella dixo sobre a súa mestra arxentina «Ela inculcoume o amor a ese país. E logo tiven a oportunidade de ir á Arxentina en 2008. Fun varias veces, e pasei longo tempo en Bos Aires».[11]

Afinogenova traballou en varios medios de comunicación (dende a radio na Arxentina, até a televisión) e traballou na canle de televisión rusa RT en Español, ocupando varios postos en devandita canle até converterse na subdirectora da páxina web.[12][13] Traballou no espazo informativo de contido audiovisual en castelán chamado Ahí les va, na plataforma de vídeos YouTube.[14][15][16]

O 1 de marzo de 2022, Google bloqueou o acceso ás canles de YouTube das axencias de novas rusas Russia Today e Sputnik en toda a Unión Europea, incluído o espazo informativo Ahí les va, de Afinogenova, en cumprimento das sancións impostas pola Unión Europea a Rusia por mor da invasión de Ucraína.[17] A argumentación da Unión Europea e dos Estados Unidos para pechar a canle de YouTube, que nese momento contaba con máis dun millón de suscriptores e dous anos de traxectoria, era que «consideran que a súa mensaxe a prol das teses rusas é inasumible en tempos de guerra».[18]

O 3 de maio de 2022, publicou un vídeo na súa canle de YouTube no que explicaba que abandonara Rusia e a canle de RT en Español xa que non está de acordo con esta guerra e con calquera outra guerra.[19]

Non vou estar de acordo cunha guerra que afecte á poboación civil do meu país, pero tampouco cunha que afecte a países tan afastados e descoñecidos como Iraq, Afganistán, Libia, o Iemen, o Sudán ou Palestina. E non me importa que o lance as bombas sexa os Estados Unidos, Francia, Israel, Ucraína sobre a propia Ucraína, que é o que levan facendo desde hai anos, ou Rusia.

Tamén criticou a guerra, considerándoa un grave erro estratéxico, porque supuxo un gran fortalecemento da OTAN: «Ninguén que estea en contra da OTAN apoia esta guerra, porque nada reforzou esa organización tanto como a decisión tomada polo goberno ruso, unha organización que estaba en pleno declive, parecía totalmente anacrónica".[19][20]

O 24 de xuño de 2022, o programa La Base do xornal español Público presentado por Pablo Iglesias anunciou que fichara a Inna Afinogenova para o seu programa[5] onde, de luns a xoves, se encargará de realizar análises especialmente sobre a coxuntura internacional e xeopolítica, sobre todo no tocante a Latinoamérica, onde ten moitos seguidores.[21] Ademais, cada venres emite un vídeo en YouTube, onde analiza acontecementos internacionais principalmente sobre Latinoamérica.[22] Afinogenova reside en Madrid, España.[23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Inna Afinogenova". RT en Español (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2022. Consultado o 2021-05-01. 
  2. "Inna, la “emperatriz” que se puso la vacuna rusa". Últimas Noticias (en castelán). 2020-11-14. Consultado o 2021-05-01. 
  3. "Inna Afinogenova". Businesstudio (en castelán). 2021-04-19. Consultado o 2021-05-17. 
  4. Afinogenova, Inna. "¡Reprobada en uribismo! La maestra de bachillerato que abordó lo que muchos callan en Colombia" (en castelán). Consultado o 2021-05-17. 
  5. 5,0 5,1 "'La Base' de 'Público' anuncia un nuevo fichaje - Público TV". www.publico.es. Consultado o 2022-06-24. 
  6. Aporrea.org (2022-06-28). ""Macondo, una mirada latinoamericana" con Inna Afinogenova, Marco Teruggi y Leandro Grille estreno 30 junio junio 7:00 pm". Aporrea (en castelán). Consultado o 2022-07-12. 
  7. ""Me interesa la historia de América Latina y su permanente lucha por mantener la soberanía"". www.carasycaretas.com.uy (en castelán). Consultado o 2022-07-12. 
  8. "Para la subdirectora del portal de RT en español, "la campaña de desinformación contra la vacuna es grave"". www.telam.com.ar. Consultado o 2021-05-01. 
  9. "Инна Афиногенова, 32 года, Москва, Россия". Поиск людей BigBookName.com (en ruso). Consultado o 2021-05-22. 
  10. Inna Afinogenova: periodismo ruso con acento español
  11. ElPais. "Inna Afinogenova, la periodista rusa censurada por la invasión a Ucrania". Diario EL PAIS Uruguay (en castelán). Consultado o 2022-04-02. 
  12. "Inna Afinogenova, Periodista de RT". RadioCut (en castelán). Consultado o 2021-05-01. 
  13. "RT en Cuba, otra valiosa fortaleza informativa". RT en Cuba, otra valiosa fortaleza informativa. Consultado o 2021-05-01. 
  14. Las2orillas (2020-11-05). "La reconocida periodista que probó con éxito a la vacuna rusa". Las2orillas (en castelán). Consultado o 2021-05-01. 
  15. "Inna Afinogenova: “Hay un temor por parte de ciertos medios tradicionales a perder el monopolio de la información”". www.elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 2021-05-01. 
  16. Faus, Joan (2018-01-01). "Las malas audiencias y las sanciones acorralan a RT". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-05-01. 
  17. "Google bloquea en Europa los canales de RT y Sputnik en YouTube". www.telesurtv.net (en castelán). Consultado o 2022-03-04. 
  18. Sastre, Daniel G. (2022-03-13). "Russia Today (RT): auge y caída de la Fox de Putin". elperiodico (en castelán). Consultado o 2022-04-02. 
  19. 19,0 19,1 Sastre, Daniel G. (2022-05-04). "Inna Afinogenova, estrella de Russia Today en español, deja la cadena porque está contra la guerra". elperiodico (en castelán). Consultado o 2022-05-04. 
  20. "Inna Afinogenova: la periodista que renunció a RT por estar en contra de la guerra en Ucrania". El Diario | eldiario.com (en castelán). 2022-05-04. Consultado o 2022-06-01. 
  21. Público (2022-06-25). "Inna Afinogenova, la popular periodista rusa que dejó 'RT' tras la invasión de Ucrania, se incorpora a 'Público' y 'La Base'". Público (en castelán). Consultado o 2022-06-26. 
  22. Público (2022-07-15). "Inna Afinogenova arranca su nuevo programa en 'Público'". Público (en castelán). Consultado o 2022-07-16. 
  23. Efe (2022-08-20). "Inna Afinogenova: No se puede ser pacifista y pedir más armas para Ucrania". Efe (en castelán). Consultado o 2022-08-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]