Saltar ao contido

Inmaculada Concepción (Tiepolo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Inmaculada Concepción
 Título
    Die Unbefleckte Empfängnis (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Material / ingrediente
 Xénero artístico
 Representa a
 Tema principal
 Colección
 Relixión
Implicados
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
1767 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altura
281 cm
279 cm Editar o valor en Wikidata
 Anchura
155 cm
152 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0101dqfd Editar o valor en Wikidata
 Número inventario
P000363 (Museo do Prado) Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Esta representación da Inmaculada Concepción (en italiano: Immacolata concezione) foi realizada polo pintor rococó italiano Giovanni Battista Tiepolo. Data dos anos 1767-1769 e está pintada ó óleo sobre lenzo, medindo 281 cm de alto por 127 cm de ancho. Exponse no Museo do Prado de Madrid, España.

Entre 1767 e 1769 pintou Tiepolo sete lenzos para a igrexa real do convento de San Pascual en Aranjuez, hoxe divididos entre o Museo do Prado de Madrid (ademais deste hai un San Pascual Baylón e un Santo Antonio de Padua) e o Palacio Real de Madrid.

Represéntase á Virxe tal como se narra a súa aparición na Apocalipse, capítulo 12, versículos 1-17:

Aparecen nesta escena toda unha serie de símbolos relacionados tradicionalmente coa Virxe: en primeiro lugar, a coroa de doce estrelas e sobre ela, unha pomba que representa o Espírito Santo. Érguese envolta no típico manto azul celeste, sobre a esfera terrestre e unha media Lúa, pisando á serpe ou dragón que é o Diaño que leva na boca a mazá que fixo caer na tentación a Adán e Eva, de maneira que a Virxe aparece como redentora do pecado orixinal. Un dos anxos porta a vara de azucenas, sobre o chan vese unha palmeira, unha rosa e, entre as nubes, un espello.

Desta maneira representábase a dogma da Inmaculada Concepción de María para a Igrexa católica, como o único ser humano concibido sen pecado orixinal. Tiepolo usa cores claras, iluminando a escena cunha intensa luz dourada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • L. Cirlot (dir.), Museo del Prado II, Col. «Museos del Mundo», Tomo 7, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3810-9, páxs. 190-191.