Inis Tuaisceart
| (ga) Inis Tuaisceart | ||||
| Tipo | montaña illa | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Illas Blasket | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Condado de Kerry, Irlanda | |||
| ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | |||
| Características | ||||
| Altitude | 172 m | |||
| Prominencia topográfica | 172 m | |||
Inis Tuaisceart (ás veces tamén coñecida como Inishtooskert na súa forma inglesa), é unha das illas que forman o arquipélago irlandés das Illas Blasket, no condado de Kerry. É a máis setentrional de todas elas e, de feito, o seu nome significa illa do norte en lingua irlandesa. A súa maior altitude é de 172 metros sobre o nivel do mar.
Tamén é coñecida polo nome de An Fear Marbh (O Home Morto en galego) ou o xigante durmido, pois esa é a figura que semella canda se olla para ela dende o leste (véxase fotografía da dereita).
Na illa aínda se poden atopar as ruínas de antigos edificios de pedra. Tamén é o fogar de importantes colonias de aves mariñas, de entre as que destaca o paíño europeo con 27.000 parellas censadas no ano 2000. Isto convértea na maior colonia desta ave en Irlanda e posibelmente no mundo enteiro.
