Illas Blasket
As Illas Blasket (en lingua irlandesa Na Blascaodaí - de etimoloxía incerta. Podería ter orixe na voz norueguesa "brasker" que significa "lugar perigoso") son un grupo de illas situadas na costa oeste de Irlanda que forman parte do condado de Kerry.
Historia[editar | editar a fonte]
O arquipélago estivo habitado até o ano 1953, e a práctica totalidade da poboación tiña o irlandés como lingua materna. Os habitantes foron evacuados á illa de Irlanda o 17 de novembro de 1953[1]. Algúns emigraron ós Estados Unidos e aínda hoxe se poden atopar os seus descendentes en Springfield, Massachusetts, mentres que outros ficaron na veciña península de An Daingean, dende a cal poden ver o seu antigo fogar.
Debido á súa localización remota e o seu difícil acceso, os insulares foron obxecto de diversos estudos antropolóxicos e lingüísticos en torno á fin do século XIX e comezos do século XX, particularmente por parte de escritores e lingüistas como Robin Flower, George Derwent Thomson e Kenneth H. Jackson. Grazas ó seu traballo e o doutros, téñense publicado varios libros que tratan sobre as tradicións e forma de vida dos antigos poboadores das illas. Entre eles destacan as obras An tOileánach de Tomás Ó Criomhthain, Peig de Peig Sayers e Fiche Blian ag Fás de Muiris Ó Súilleabháin.
Illas[editar | editar a fonte]
As seis principais illas do arquipélago son:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Vista da Illa de Gran Blasket dende Dún Chaoin na península de An Daingean.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Stagles, Joan and Ray, The Blasket Islands: Next Parish America. Dublin: O'Brien Press, 1980 (new edn. 1998).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Illas Blasket |