An Tiaracht
(ga) An Tiaracht | ||||
Tipo | montaña illa Townland | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Blasket | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Blasket | |||
Localización | ||||
División administrativa | Condado de Kerry, Irlanda e Dunquin, Irlanda (en) | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Altitude | 200 m | |||
Prominencia topográfica | 200 m | |||
An Tiaracht (ás veces tamén coñecida como Tearaght ou Inishtearaght na súa forma inglesa), é unha das illas que forman o arquipélago irlandés das Illas Blasket, no condado de Kerry. É a máis occidental de todas elas e, de feito, é tamén o punto máis occidental de Irlanda e as Illas Británicas, salvando algunhas pequenas formacións rochosas que sobresaen por riba da superficie do mar.
A súa maior altura é de 200 msnm e ten unha lonxitude dun quilómetro de leste a oeste e cincocentos metros de norte a sur.
Ó igual que as outras illas do arquipélago, An Tiaracht posúe unha importante poboación de aves mariñas, entre as que destacan o paíño europeo e a pardela furabuchos. Tamén se poder atopar o paíño gallado, aínda que non se sabe se cría na illa ou non. Por outra banda, as poboacións de álcidos oscilaron bastante, aínda que os rexistros iniciais destas aves non sempre son fiábeis.
En 1870 construíse un faro que foi automatizado no ano 1988.