Influenza A subtipo H5N1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Influenza A subtipo H5N1, o virus que causa a gripe aviaria. Micrografía electrónica de transmisión de viróns en tinción negativa (claros sobre fondo escuro). (Fonte: Erskine Palmer, imaxe dos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades).
Influenza A subtipo H5N1 (dourado) crecendo en células MDCK (verde).

H5N1 é unha cepa altamente patóxena de gripe aviaria. A primeira aparición deste tipo de gripe en humanos deuse en 1997 en Hong Kong.[1] A infección en humanos coincidiu cunha epidemia de gripe aviaria, causada pola mesma cepa, na poboación de pitos en Hong Kong. O nome H5N1 refírese ao tipo dos antíxenos de superficie presentes no virus: hemaglutinina tipo 5 e neuraminidase tipo 1.

As aves son o reservorio natural do virus.[2] Normalmente o virus é transportado no intestino das aves, e non son letais. Con todo, esta variante mutou á máis letal das cepas de virus da gripe existente. As mutacións son normais e xa pasaron con anterioridade, como a pandemia por gripe causada en 1918 coñecida como gripe española, unha variante de H1N1 na que morreron entre 40 e 50 millóns de persoas.

Até outubro de 2005 só se reportaron ao redor de 200 persoas infectadas polo H5N1, pero a súa taxa de mortalidade foi moi alta (arriba do 59%). Trece países de Asia e Europa víronse afectados, e máis de 120 millóns de aves morreron, foron sacrificadas ou foron postas en corentena.

O 26 de decembro de 2005, científicos chineses aseguraron que sintetizaran a primeira vacina activa do mundo para aves contra o virus letal H5N1 da gripe aviaria, útil tamén contra a enfermidade de Newcastle.[3] Con todo, actualmente non existe ningunha vacina comercial que poida previr o contaxio desta enfermidade.[4]

A cepa foi chamada HPAI A/H5N1 que significa Subtipo H5N1 do virus da influenza aviario tipo A, altamente patóxeno polas súas siglas en inglés; este é o virus responsable da gripe H5N1 comunmente chamada gripe aviaria. Debido á alta letalidade e virulencia do virus HPAI A/H5N1, a súa presenza endémica, o crecente número de organismos hospedadores e á súa capacidade de sufrir mutacións significativas, o virus converteuse na maior ameaza de pandemia a nivel mundial, e destináronse miles de millóns de dólares na súa investigación e na preparación para unha eventual pandemia de influenza aviaria altamente patóxena.

O virus HPAI A/H5N1 pertence ao xénero Influenzavirus A, e á súa vez á familia Orthomixoviridae. É, por tanto, un virus de 90 a 120 nm de diámetro, que posúe unha envoltura de capa lipídica derivada da membrana plasmática da célula en que o virus se replica, cunha cápside de simetría helicoidal que protexe o xenoma de 13.6 quilobases.

O material xenético componse por unha soa cadea lineal de ARN, de sentido negativo (é dicir, de sentido contrario ou complementaria ao ARNm que se sintetizará), dividida en 8 segmentos que conteñen a información de 10 xenes. Cada segmento atópase protexido por unha nucleocápside, formada estruturalmente por un segmento de ARN, varias moléculas de nucleoproteínas, e o complexo ARN polimerasa máis encimas asociadas necesarias para a síntese do ARNm viral.

Os xenes, en orde do segmento de ARN en que se atopan, son os seguintes: PB2, PB1, PA, HA, N, NA, M1/M2, e NS1/NS2. Os segmentos, á súa vez, organízanse segundo o tipo de produto dos xenes: glicoproteínas de superficie, proteínas internas e compoñentes do complexo polimerasa.

Transmisión e infección[editar | editar a fonte]

Expansión do virus H5N1
 →  Países con mortes de aves de curral ou salvaxes
 →  Países con mortes de humanos e aves de curral ou salvaxes

Aves infectadas transmiten o H5N1 a través da saliva, secrecións nasais e fecais. Outras aves poden contaxiarse mediante o contacto directo con estas secreciones ou cando entran en contacto con superficies contaminadas con este material. Debido ás prácticas migratorias dos portadores do virus H5N1, é posible que se diseminara en todo o mundo.

Epidemias anteriores de gripe aviaria orixináronse tipicamente en condicións de sobrepoboación do sueste e este asiático, onde humanos, porcos e aves de curral viven en espazos pechados. Nestas condicións un virus pode mutar nun máis propicio para infectar humanos.[5]

A maioría dos casos de H5N1 foron reportados no sueste e estes asiáticos. Unha vez que se detecta unha epidemia, as autoridades locais normalmente ordenan o sacrificio masivo de aves e animais infectados. Se isto é levado a cabo con suficiente rapidez, é posible evitar unha crise maior. Con todo, a Organización Mundial da Saúde expresou preocupación porque non todos os países están a reportar epidemias con tanto detalle como deben. China, por exemplo, negou no pasado epidemias de SARS e VIH.

Síntomas[editar | editar a fonte]

Nos humanos, dado que o H5N1 é un virus de influenza, os síntomas poden aparecer como dunha gripe común, con febre, tose, garganta reseca e músculos adoloridos. Con todo, en casos máis severos pódense desenvolver pneumonía e problemas do aparello respiratorio, e eventualmente, pode provocar a morte. Para o 5 de xullo de 2013 confirmáronse 633 casos de gripe aviaria dos cales xa morreron 377 (setembro de 2013), é dicir 59.5%. Pacientes infectados de H5N1 presentaron poucos casos de conxuntivite, a diferenza dos casos humanos do virus H7.[5]

O último caso reportado de morte polo virus H5N1 deuse no Canadá o 3 de xaneiro de 2014.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yen Ky et al.Clinical features and rapid viral diagnosis of human disease associated with avian influenza A H5N1 virus. Lancet 1998 Feb 14;351(9101):460-1. PMID 9482437
  2. Huang, Y. et al., 2013, The duck genome and transcriptome provide insight into an avian influenza virus reservoir species. Nat Genet., 45(7):776-83. PMID 23749191
  3. "Pekín anuncia una primera vacuna activa contra el H5N1 en aves". 2006-01-04. Archived from the original on 04 de xaneiro de 2006. Consultado o 2017-03-29. 
  4. "Information on Avian Influenza". Centers for Disease Control and Prevention (en inglés). Consultado o 2017-03-29. 
  5. 5,0 5,1 Gripe A. Pandemia Gripal (en español) (Primera ed.). ISBN 978-84-8451-033-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]