Síndrome respiratoria aguda severa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A Síndrome Respiratoria Aguda Severa (SARS, siglas en inglés) ou pneumonía asiática é unha enfermidade relacionada coa pneumonía, da que se coñecen dous episodios. O axente causante é o coronavirus SARS.[1]

Pneumonía asiática I[editar | editar a fonte]

A pneumonía asiática fixo a súa aparición na provincia de Guandong en novembro de 2002 e declarouse como finalizada 8 meses despois. Extendeuse a uns 30 países, principalmente de Asia, deixando un saldo de 774 mortos, 349 deles en China e 299 en Hong Kong.

Pneumonía asiática II[editar | editar a fonte]

(datos de comezos de 2004)

Rebrote da enfermidade[editar | editar a fonte]

As autoridades chinesas, confirman o segundo caso de síndrome respiratoria aguda grave (xaneiro 2004), coñecido como pneumonía asiática. Mentres, a Organización Mundial da Saúde (OMS), envía ó país asiático a un equipo de expertos para identificar a fonte de contaxio do último caso. A alarma saltou en Pequín, onde unha muller ingresou cos síntomas desta epidemia.

A primeira afectada[editar | editar a fonte]

Unha rapaza de 20 anos, atópase en corentena e sometida a tratamento no hospital de Guangzhou. Os primeiros síntomas de febre producíronse o 26 de decembro (2003). Ata 48 persoas que tiveron contacto estreito coa paciente foron illadas e sometidas a un proceso de desinfección da zona onde residía. Outras 52 persoas que tamén estiveron en contacto con ela foron sometidas a estreita vixiancia médica.

Segundo afectado[editar | editar a fonte]

Un produtor de televisión de 32 anos protagonizou o segundo caso do síndrome respiratoria. Foi declarado sospeitoso polas autoridades da provincia de Guangdong, o sábado 27 de decembro e o luns 29, confirmouse que se trataba dun caso de neumonía asiática. Ningunha das 81 persoas que estiveron en contacto con este paciente amosaron síntomas da enfermidade e a última delas debería sair de corentena onte (28 de xaneiro de 2004).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Coronaviruses: Molecular and Cellular Biology (1st ed.). Thiel V. 2007. ISBN [[Special:BookSources/978-1-904455-16-5]|978-1-904455-16-5]]]. http://www.horizonpress.com/cor. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]