Ben Kenney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ben Kenney
Incubus - Rock in Rio Madrid 2012 - 21.jpg
Ben Kenney en Madrid en 2012
Nome completoBenjamin Lee Kenney, Sr.
Data nacemento12 de marzo de 1977 (46 anos)
Nado enBrielle
Ocupacióncantante e guitarrista
Instrumento(s)voz, guitarra, baixo, batería
Relacionado conIncubus, The Roots, Time Lapse Consortium, The Division Group, Supergrub
Na rede
IMDB: nm2699089 Musicbrainz: 027c16fb-d9bc-4dbd-b597-0580e0fc40d7 Songkick: 411111 Discogs: 267978 Editar o valor em Wikidata

Benjamin Lee Kenney, Sr., nado o 12 de marzo de 1977, é un músico estadounidense procedente de Brielle, Nova Jersey, coñecido por ser o baixista da banda de rock alternativo Incubus.

Ben Kenney tocou a guitarra no grupo de hip-hop The Roots antes de unirse a Incubus no 2003, tras a saída do anterior baixista e fundador Alex Katunich. Anteriormente xa tocara cos membros de Incubus Mike Einziger e Jose Pasillas en Time Lapse Consortium.

Ben é coñecido por tocar alo menos seis instrumentos diferentes, e ás veces realiza duetos de batería con Jose Pasillas nos concertos de Incubus.

Tamén ten realizado traballos de estudio con outros artistas como Justin Timberlake, Faith Evans, Erykah Badu, Blackalicious, e cos produtores Timbaland e DJ Jazzy Jeff.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]