Mr. Bungle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mr. Bungle
MrBungle99.JPG
OrixeEureka, California Flag of California.svg
Período1985 - 2003
Xénero(s)varios
Selo(s) discográfico(s)Warner Bros. Records
Slash Records
MembrosMike Patton, Trey Spruance, Trevor Dunn, Danny Heifetz, Clinton Mckinnon
Páxina webpáxina sobre o grupo

Mr. Bungle foi un grupo musical norteamericano formado en 1985 en Eureka (California), con Mike Patton como vocalista. Nos seus comezos integrou estilos musicais como o rock, heavy metal, funk ou jazz, resultando algo similar ó funk metal. Nos seus traballos posteriores integraron estilos como o ska, swing ou pop entre outros estilos. A banda disolveuse en 2003.

Historia[editar | editar a fonte]

Os seus integrantes fundadores foron Trevor Dunn no baixo, Mike Patton á voz, Trey Spruance na guitarra e Jed Watts na batería. A banda tomou o nome dun pallaso traveso que mostraba ós nenos as cousas que non se debían facer no programa "The Pee Wee Herman Show".

A súa primeira maqueta foi The Raging Wrath of the Easter Bunny (1986), gravada con moi baixa calidade e cun pronunciado estilo death metal, que incorporaba novedosamente bongós, saxofóns e outros instrumentos exóticos.

No 1987 o grupo difundiu copias en formato casete da súa seguinte maqueta, Bowel of Chiley, entre as emisoras de radio locais. Copias desta produción foron reproducidas e vendidas sen o permiso da banda co nome erróneo de Bowl of Chile, no 1991 en casete e en 1997 xa en formato CD, converténdose nunha das rarezas máis preciadas. O estilo desta produción é moi diferente da maqueta inicial, mesturando sons do ska, o swing ou o funk. Por entón o batería Jed Watts foi substituído por Hans Wagner, entrando ademais os músicos Scott Fritz e Theo Lengyel como trompetistas.

En 1988 Fritz abandonou ó grupo, integrándose Luke Miller. Lanzaron Goddammit I Love America!, cun son moi similar ó seu anterior traballo (e descrito por eles mesmos como un plaxio a Fishbone) pero cun son máis sólido. Dous dos temas deste álbum foron posteriormente publicados coa súa primeira gran produción discográfica.

En 1989 editaron a súa última maqueta, OU818, con Danny Heifetz na batería e Clinton "Bär" McKinnon no saxofón. Contiña cancións de maquetas anteriores, e case a metade dos temas chegaron a estar presentes no seu primeiro gran lanzamento.

Por estas datas xa estaban consolidados como unha ds bandas con máis seguidores do norte de California, e o seu vocalista Mike Patton fora contratado polo grupo Faith No More. Non tardou en chegar un contrato co selo Warner Bros Records. O seu primeiro álbum, producido por John Zorn e titulado Mr. Bungle, foi lanzado o 13 de agosto de 1991. A crítica describiu o seu son como "funk metal", e tivo boas vendas, que os levaron a realizar unha exitosa xira de promoción polos Estados Unidos.

Moitos proxectos paralelos e atrasos no deseño contribuíron ao paro de catro anos entre o lanzamento do primeiro disco e o seguinte, Disco Volante, que vería a luz en outubro de 1995. Contiña só temas novos, e collía elementos de estilos como o jazz, techno, tango, ou death metal. Deron concertos por norteamérica, Europa e mesmo Australia, coa colaboración do percusionista William Winant.

O seu último disco, California, saíu ó mercado o 13 de xullo de 1999. Theo Lengyel non aparece nel, nin tampouco o fixo nos seguintes proxectos de Mr. Bungle, segundo os representantes por diferenzas creativas. Se ben a xira prevista de presentación do disco tivo complicacións por conflitos coa distribuidora, ó ano seguinte deron concertos polos Estados Unidos, Europa e Australia de novo, ó mesmo tempo que seguiron coa composición de novos temas.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • The Raging Wrath Of The Easter Bunny (maqueta, 1986)
  • Bowel Of Chiley (maqueta, 1987)
  • Goddammit I Love America! (maqueta, 1988)
  • OU818 (maqueta, 1989)
  • Mr. Bungle (1991)
  • Disco Volante (1995)
  • California (1999)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]