Saltar ao contido

Illas do Rei Xurxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas do Rei Xurxo
(fr) Îles du Roi Georges Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoarquipélago Editar o valor en Wikidata
Parte deTuamotu Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPolinesia Francesa, Francia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 14°32′S 147°08′O / -14.53, -147.13
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie64 km² Editar o valor en Wikidata

As illas do Rei Xurxo (en francés, îles du Roi Georges) son tres atois das Tuamotu na Polinesia Francesa. Están situados ao norte do arquipélago, no camiño de Tahití nas Illas Marquesas. Administrativamente, os tres atois forman unha comuna. Consta de Takaroa, capital da comuna; Takapoto, de forma similar ao anterior e moi próximo; e Tikei, deshabitado e máis afastado.

Foron bautizados King George Islands polo inglés John Byron en 1765, en honra ao rei Xurxo III do Reino Unido. As illas foron descubertas polos neerlandeses Jacob Le Maire e Willem Schouten en 1616, chamándoas Illas Sen Fondo (Sondre Grondt Eylandt) porque non puideron ancorar. Non se deron conta de que eran dúas illas e o erro custoulle a Jacob Roggeveen, o 1722, perder un dos seus barcos nun dos primeiros naufraxios no Pacífic Sur. Sen decatarse de que eran as mesmas de Le Maire e Schouten, Roggeveen denominou Takapoto como a illa Perniciosa.

Takaroa é a capital da comuna das illas do Rei Xurxo. Está situado a 575 km ao nordés de Tahití. É un atol ovalado de 24 km de longo e 8 de ancho, cunha superficie total de 113 km²;. A lagoa interior comunícase co océano por un paso de 3 m de profundidade. A vila principal é Teavaroa cun aeródromo situado a 2 km. A poboación total é de 1.003 habitantes (datos do censo do 2002). Un 90% dos habitantes son mormóns e contan cun templo construído en 1891. Tamén se atopan restos de diversos templos polinesios (maraes). A actividade principal é o comercio de nácara e perlas negras.

O nome Takaroa quere dicir "queixelo longo". Outros nomes históricos son Tioka e Taaroa. O inglés John Byron chamouna Coral Island.

Takapoto é un atol situado a 8 km ao suroeste de Takaroa. Ten unha forma ovalada de 20 km de longo e 6 de ancho, cunha superficie total de 100 km²;. A lagoa interior está pechada sen paso practicable ao océano, pero a auga renóvase mediante canles submarinas e resulta bastante salgada. A vila principal é Fakatopatere, situada ao illote máis grande onde hai tamén un aeródromo. A poboación total é de 521 habitantes. As actividades principais son a pesca, a produción de copra e o cultivo de perlas. Neste atol atópase a máis soada das ostras de perla negra, a pinctada margaritifera.

O nome Takapoto quere dicir "queixelo curto", por ser de dimensións un pouco máis pequenas que Takaroa. Atópanse máis de 22 maraes, antigos templos polinesios.

Tikei é un atol situado a 70 km ao suroeste de Takapoto. A lagoa interior non ten ningún paso ao océano e atópase case seca. Está deshabitado e sen infraestrutura algunha. Foi descuberto polo ruso Otto von Kotzebue en 1816, que o chamou Romanzoff, nome do patrocinador da expedición.