Atol Takaroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Takaroa»)
Takaroa
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2007) 1.577 hab.
Superficie 20 km²
Superficie lagoa 93 km²
Nº de illas
Coordenadas 14°27′S 144°59′O / -14.450, -144.983
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Takaroa é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa. É a capital da comuna de Takaroa e forma parte do grupo das illas do Rei Xurxo. Está situado ao norte do arquipélago, a 9 km ao nordés de Takapoto e a 575 km ao nordés de Tahití.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É un atol ovalado de 24 km de longo e 8 de ancho, cunha superficie total de 113 km². A lagoa interior comunícase co océano por un paso de 3 m de profundidade.

A vila principal é Teavaroa que ocupa todo un illote. Dispón dun aeródromo situado a 2 km. A poboación total era de 1.003 habitantes no censo do 2002. Un 90% dos habitantes son mormóns e contan cun templo construído en 1891. Tamén se atopan restos de varios templos polinesios (maraes). A actividade principal é o comercio de nácar e perlas negras.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome Takaroa quere dicir «queixo longo». Outros nomes históricos son Taka-Pua, Tioka e Taaroa. O inglés John Byron, en 1765, chamouno Coral Island.