Atol Takapoto
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Takaroa ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 472 (2007) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 85 km² ![]() | ||||
Medición | 67 (![]() ![]() | ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Takapoto é un atol de Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Takaroa. Xeograficamente forma parte do grupo de illas do Rei Xurxo. Está situado ao norte do arquipélago, a 9 km ao suroeste de Takaroa e a 560 km ao nordés de Tahití.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ten unha forma ovalada de 20 km de longo e 6 de ancho, cunha superficie emerxida de 13 km² máis 10 km² de arrecifes. A lagoa interior de 81 km² é pechada sen ningún paso practicable ao océano, pero a auga renóvase por canles submarinas e resulta bastante salgada.
A vila principal é Fakatopatere, situada no illote máis grande onde hai tamén un aeródromo. A poboación total era de 472 habitantes no censo do 2007. As actividades principais son a pesca, a produción de copra e o cultivo de perlas. Neste atol atópase a máis soada das ostras de perla negra, apinctada Margaritifera.

Historia
[editar | editar a fonte]O nome Takapoto quere dicir «queixo curto», por ser de dimensións algo máis pequenas que Takaroa. Atópanse máis de 22 maraes, antigos templos polinesios. Un dos máis destacados atópase á entrada de Fakatopatere onde antigamente unha moza era sacrificada cada cinco anos ao deus Matapo. Foi chamadoSondre Grondt(Sen Fondo) por Jacob Le Maire (1616), Schadelijk (Perniciosa) por Jacob Roggeveen (1722) e Spiridoff por Otto von Kotzebue (1816).