Illas Shetland
| Sealtainn (gd) Hjaltland (mis) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino Unido | ||||
| País | Escocia | ||||
| Capital | Lerwick | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 23.210 (2012) | ||||
| Lingua oficial | lingua inglesa Lingua scots | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1.468 km² | ||||
| Bañado por | Mar do Norte | ||||
| Punto máis alto | Ronas Hill (450 m) | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | Consello das Illas Shetland , | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | GB-ZET | ||||
| Código NUTS | UKM66 | ||||
| Sitio web | shetland.gov.uk | ||||
As illas Shetland son un grupo de illas do océano Atlántico setentrional situadas entre as illas Feroe, ao suroeste de Noruega e Gran Bretaña. Lixeiramente por enriba dos 60ºN de latitude, representan o extremo setentrional do Mar do Norte. Administrativamente constitúen un dos 32 condados de Escocia.
As illas teñen un total de 1469 km², cunha poboación duns 22.000 habitantes, dos cales uns 7.000 viven en Lerwick, a capital.
O clima é húmido e fresco (aínda que suavizado pola influencia da corrente do Golfo). Lerwick acumula 1.140 mm en 181 días de precipitación ao ano. As temperaturas, moi constantes ao longo do ano (debido á latitude) son de 7 °C de media, con 12 °C en xullo e agosto e 3 °C en xaneiro e febreiro.
Historia e cultura
[editar | editar a fonte]Despois de seren colonizadas polos escandinavos e formar parte de Noruega durante toda a Idade Media, as illas pasaron á coroa escocesa o 20 de febreiro de 1472. Durante a segunda guerra mundial barcas procedentes das Shetland, coñecidas como "Shetland bus", proporcionaron axuda á Noruega ocupada, e evacuaron fuxitivos.
Como lingua da poboación, o antigo norn foi substituído por un dialecto insular do scots chamado shetlándico, que á súa vez está sendo substituído polo inglés.
Xeografía e xeoloxía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista das illas Shetland.
As Shetland están aproximadamente a 170 km. ao norte de Escocia, ten unha superficie de 1.468 km² e ten unha costa de 2.702 km. de longo. Das aproximadamente 100 illas, só 16 están habitadas. A illa principal do grupo é coñecida como Mainland. As outras illas habitadas son: Bressay, East Burra, West Burra, Fetlar, Muckle Roe, Papa Stour, Trondra, Vaila, Unst, Whalsay, Yell no grupo de illas principal das Shetland, ademais Foula ao suroeste, Fair Isle ao sur, e Housay e Bruray no arquipélago de Out Skerries cara ao leste .
As illas deshabitadas inclúen Out Stack, o punto máis setentrional das Illas Británicas e Mousa coñecida polo Broch de Mousa, unha torre redonda da Idade de Ferro. Que é o mellor exemplo conservado en Escocia.
A xeoloxía das Illas Shetland é complexa, con numerosas fallas e pregamentos. Gran parte da economía das Illas Shetland depende dos sedimentos que conteñen petróleo nos mares circundantes.
Economía
[editar | editar a fonte]A pesca e a gandaría perderon peso ante a explotación do petróleo e o gas natural dos xacementos próximos.
