Illas Banks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illas Banks

As Illas Banks (en Bislama Bankis) son un grupo de illas situadas ao norte de Vanuatu. Xunto cás Illas Torres ao noroeste, constitúen a provincia de Torba a máis ao norte de Vanuatu. O grupo atópase a uns 40 km. ao norte de Maewo, e inclúen as illas de Gaua e Vanua Lava, dúas das 13 illas máis grandes de Vanuatu . En 2009, as illas tiñan unha poboación de 8.533[1] habitantes


Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa das Illas Banks

A illa máis grande é Gaua (anteriormente chamada Santa María), que ten un terreo accidentado, co Monte Gharat, un volcán activo no centro da illa, de 797 m. de altura. A Lago Letas de auga doce no cráter é o lago máis grande de Vanuatu. A lixeiramente máis pequena Vanua Lava, é máis alta 946 m., tamén ten un volcán activo, o Monte Suretamate (tamén escrito Süretimiat ou Sere'ama). Cara ao leste atópanse dous illotes, Ravenga e Kwakea (ou Qakea). Sola, a capital provincial, atópase nesta illa. A terceira illa máis grande, Ureparapara (tamén coñecida como Parapara), é un antigo cono volcánico que foi invadido polo mar, formando a baía Divers na costa leste.

Ao leste das illas máis grandes atópanse unha serie doutras máis pequenas. A máis afastada, 50 km ao nordés de Ureparapara, é Vet Tagde (Vot Tande ou Vot Ganai), un volcán extinto cuxa última erupción fai 3.500.000 anos. As Illas Rowa (ou Reef Islands) son algunhas illas de coral moi pequenas e baixas nun atol. Mota Lava é a máis grande e máis alta (411 m) da cadea oriental das illas, fronte á súa costa sur, unida por altos corais polos que se pode camiñar durante a marea baixa, atópase o pequeno illote de Ra. Mota, Merig e Merelava completan a parte do sueste do arquipélago.

Idiomas e cultura[editar | editar a fonte]

A poboación das Illas Banks fala quince idiomas diferentes,[2] todos pertencen ao subgrupo das linguas oceánicas da familia Austronesia. Varias destas están en perigo de extinción, fálanse por non máis duns poucos centos de persoas, os últimos falantes. O idioma con máis falantes é o Mwotlap, a lingua da Mota Lava, con 2.100 falantes.

A actividade económica principal é a agricultura de subsistencia, aínda que a copra, café, e (en Gaua) cacao cultívanse para a exportación. Os depósitos de xofre do monte Suretamate en Vanua Lava antigamente traballáronse por unha empresa francesa. O turismo é cada vez máis importante nas illas, cun fácil transporte por avión.

Historia[editar | editar a fonte]

As Illas Banks foron a primeira zona de Vanuatu descuberta por un explorador europeo, desde o 25 a 29 de abril de 1606 cando unha expedición española dirixida polo explorador portugués Pedro Fernández de Quirós navegando máis ala de Merelava detívose en Gaua, antes de chegar a Espírito Santo onde estableceu unha colonia de curta duración. Merelava foi cartografada como San Marcos, Mota Lava como Lágrimas de San Pedro (As bágoas de San Pedro), Vanua Lava como Portal de Belén e Gaua como Santa María.[3] Foron posteriormente pasadas por alto en 1774 cando o Capitán James Cook explorou Vanuatu e creu ver toda a cadea. Foron exploradas por primeira vez por William Bligh da Armada británica, e bautizadas co nome do seu mecenas Sir Joseph Banks. Foron cartografadas por Matthew Flinders. Vanua Lava foi explorado por primeira vez polo Bispo neozelandés George Augustus Selwyn en 1859.

Transporte[editar | editar a fonte]

Hai aeroportos en Mota Lava, Vanua Lava e Gaua, que teñen uns poucos voos por semana con Air Vanuatu. os barcos transportan principalmente mercadorías, pero tamén levan pasaxeiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Nacional de Estatística Vanuatu (2009). "2009 Censo Nacional de Poboación e Vivenda: Resumo da versión". 
  2. Detailed list and map of the Banks and Torres languages.
  3. Kelly, Celsus, O.F.M. La Austrialia del Espiritu Santo. The Journal of Fray Martín de Munilla O.F.M. and other documents relating to the Voyage of Pedro Fernández de Quirós to the South Sea (1605-1606) and the Franciscan Missionary Plan (1617-1627) Cambridge, 1966, p.39, 62.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Banks Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]