Mota Lava
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Banks | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Banks | |||
Localización | ||||
División administrativa | Torba, Vanuatu | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Altitude | 192 m | |||
Superficie | 24 km² | |||
Mota Lava ou Motalava é a cuarta illa máis grande das Illas Banks en Vanuatu, logo de Gaua, Vanua Lava e Ureparapara, cunha superficie de 24 km². É a máis grande e alta (411 m.) da cadea oriental das illas. A uns 270 m. na súa costa sur, unida por altos corais que se poden vadear en marea baixa, está o illote de Ra, cunha superficie de 0´5 km².
Mota Lava ten unha poboación duns 1.640 habitantes[1] (Mota Lava + Ra), dando unha densidade de poboación de 67 habitantes por km².
Hai un aeroporto na illa (IATA Código: MTV).
Nome e lingua
[editar | editar a fonte]Nos primeiros textos e mapas do século XIX, a illa de Mota Lava foi nomeada como Saddle Island, (Illa Sela), debido ao perfil característico da illa vista desde un barco.
O hábito de designar á illa como Mota Lava foi tomado polos misioneiros do século XIX da lingua da veciña illa de Mota. Os habitantes de Mota Lava chaman á súa propia illa Mwotlap.
Mwotlap tamén designa á lingua falada polos habitantes de Mota Lava. É o máis falado dos idiomas das Illas Banks, con preto de 2.100 falantes.
Un intento anterior de transcribir o nome nativo, tanto da illa como da lingua, deu a forma Motlav.
Historia
[editar | editar a fonte]Mota Lava foi avistada por primeira vez polos europeos durante a expedición española de Pedro Fernandes de Queirós, desde o 25 ata o 29 de abril de 1606. O nome da illa cartografouse como Lágrimas de San Pedro ("Bágoas de San Pedro", en español).[2]
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]Mota Lava está composto de polo menos cinco volcáns basálticos, dous conos, Vetman e Tuntog, están ben conservados. Vetman é un cono piroclástico no centro da illa cun cráter roto no cume. No extremo suroeste da illa, Tuntog é un cono composto cun cráter de 500 m. de extensión.
A análise xeoquímica mostra que a lava da illa ten unha composición similar á das veciñas Mota e Ureparapara, así como a lava do sur do país, pero difire de material expulsado no centro de Vanuatu. Esta última rexión viuse afectada pola subdución dun extinto complexo arco de illas mergulladas, chamado a Zona D'Entrecasteaux.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estatística Vanuatu (2009). "2009 Censo Nacional de Poboación e Vivenda: Resumo da versión".
- ↑ Kelly, Celsus, O.F.M. La Austrialia del Espíritu Santo. The Journal of Fray Martín de Munilla O.F.M. and other documents relating to the Voyage of Pedro Fernández de Quirós to the South Sea (1605-1606) and the Franciscan Missionary Plan (1617-1627) Cambridge, 1966, p.39, 62.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mota Lava |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de Turismo con mapa Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- Site of the linguist Alexandre François, inclúe unha introdución á cultura da Mota Lava e a súa lingua (Mwotlap), así como fotos, mapas, cancións , un mito e un conto tradicional