Gaua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaua
Monte Garat co lago Letas
Localización da illa
Situación
PaísVanuatu
ProvinciaTorba
ArquipélagoIllas Banks
MarOcéano Pacífico
Coordenadas14°15′54″S 167°31′12″L / -14.26500, -167.52000
Xeografía
XeoloxíaVolcánica
Superficie342 km²
Longura máxima21 km.
Largura máxima20 km.
Punto máis alto797 m. Monte Gharat
Demografía
CapitalJolap
Poboación2.491 hab. (2009)
Densidade7´6 hab./km² hab./km²

Gaua (anteriormente coñecida como Illa Santa María) é a maior das Illas Banks na provincia de Torba no norte de Vanuatu. Ten unha superficie de 342 km².

Xeografía física[editar | editar a fonte]

Conta cun terreo accidentado, a maior altura chega ata os 797 m. do Monte Gharat, o pico do volcán activo no centro da illa. A erupción máis recente foi en 2011. O volcán ten unha caldeira de 6 x 9 km, no que se atopa un lago de cráter coñecido como Lago Letas, o lago máis grande de Vanuatu. Ao leste do lago atópase a Fervenza Siri (120 m de caída).

Poboación e idiomas[editar | editar a fonte]

A illa tiña unha poboación de 2.491 habitantes en 2009, cunha taxa de crecemento anual do 2,0 por cento. [1] Esta poboación atópase dispersa en varias aldeas da costa nos lados oeste, sur e nordés da illa. O lado leste ten algunhas aldeas cunha poboación de inmigrantes procedentes principalmente das dúas illas máis pequenas Merig e Merelava, ao sueste de Gaua. O pobo máis grande é Jolap, na costa oeste.[2]

Ademais da lingua desta poboación inmigrante (Mwerlap), hai cinco linguas faladas tradicionalmente en Gaua: Lakon ou Vuré; Olrat, Koro, Dörig e Nume.

Historia[editar | editar a fonte]

Gaua foi avistada por primeira vez polos europeos durante a expedición española de Pedro Fernández de Quirós, do 25 ata 29 o abril de 1606. O nome da illa cartografouse como Santa María.[3]

Economía[editar | editar a fonte]

A poboación de Gaua vive da economía agrícola tradicional da Melanesia, en combinación coa pesca e a horticultura. As principais exportacións son a copra e o cacao. Gaua ten un aeroporto (código ZGU).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Nacional de Estatística Vanuatu (2009). "2009 Censo Nacional de Poboación e Vivenda: Resumo da versión". 
  2. Satellite photo of Jolap village Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  3. Kelly, Celsus, O.F.M. La Austrialia del Espíritu Santo. The Journal of Fray Martín de Munilla O.F.M. and other documents relating to the Voyage of Pedro Fernández de Quirós to the South Sea (1605-1606) and the Franciscan Missionary Plan (1617-1627) Cambridge, 1966, p.39, 62.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]