Maewo
Aparencia
| Tipo | illa | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | New Hebrides (en) | ||||
| Situado na entidade xeográfica | Vanuatu | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Penama, Vanuatu | ||||
| |||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 795 m | ||||
| Dimensións | 5 ( | ||||
| Perímetro | 136 km | ||||
| Superficie | 303 km² | ||||
Maewo (tamén coñecida como Maéwo ou Aurora) é unha illa de Vanuatu situada na provincia de Penama, 150 km ao leste da illa de Espírito Santo. Está situada preto da illa de Ambae e da de Pentecoste. As súas dimensións son 47 quilómetros de longo por seis de ancho, cunha área total de 269 quilómetros cadrados. O punto máis alto da illa se sitúa a 795 metros sobre o nivel do mar. En 1979 a illa contaba cunha poboación de 1.772 habitantes.
Maewo é a illa con maior taxa de choiva de Vanuatu, superando os 2.500 mm por ano. Debido a esta circunstancia, a illa é fértil e abundante en vexetación. A caída da choiva tamén fai que a auga doce sexa abundante na illa e que se formen fervenzas.
