Illa do Bananal
| (pt) Ilha do Bananal | |||||
| Tipo | insua illa patrimonio natural | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| Continente | América do Sur | ||||
| División administrativa | Tocantins, Brasil | ||||
| |||||
| Bañado por | Rio Araguaia (pt) | ||||
| Bacía hidrográfica | Bacía do río Amazonas | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 189 m | ||||
| Dimensións | 55 ( | ||||
| Superficie | 19.162 km² | ||||
| Sitio Ramsar | |||||
| Data | 4 de outubro de 1993 | ||||
| Identificador | 624 | ||||

A Illa do Bananal é a maior illa fluvial do mundo, con 19.162,25 km² de extensión, cercada polos ríos Araguaia e Javaés. Localízase no estado de Tocantins (Brasil), próximo á fronteira cos estados de Goiás, Mato Grosso e Pará. Localízase entre as latitudes 9°44'S e 12°49'S e entre as lonxitudes 49°52'O e 50°44'O. Abriga ao norte o Parque Nacional do Araguaia e, ao sur, dúas reservas indíxenas: Carajás e Javaés.
Historia
[editar | editar a fonte]Descuberta o 26 de xullo de 1773 polo sertanista José Pinto Fonseca, recibiu o nome de Santana. Posteriormente, pasouse a chamar Bananal, debido á existencia de extensos bananais silvestres. Esta illa abriga cerca de quince aldeas indíxenas, sendo unha delas a aldeia Kanoanã, fica preto da rexión de Formoso do Araguaia no Tocantins.
Santuario ecolóxico: fauna e flora
[editar | editar a fonte]Está considerada un dos santuarios ecolóxicos máis importantes do país. Por estar na faixa de transición entre a foresta Amazónica e O Cerrado, posúe fauna e flora bastante diversificadas. A fauna ten especies comúns ao Pantanal de Mato Grosso, como a onza-pintada, boto, uirapuru, a garza azulada ou a tartaruga da Amazonia.
Na flora destacan varios xéneros de orquídeas terrestres, a mazaranduba, a piazava e a canxerana. Na vexetación predominan os campos, coñecidos na rexión polo nome de varjões. Aparecen aínda o cerrado, a mata seca de transición, as matas ciliares de igapó, vexetación das encostas secas e vexetación dos bancos de area.
- figuriña de cerámica
Clima
[editar | editar a fonte]Predomina o clima tropical quente semi-húmido con temperaturas máximas de 38 °C nos meses de agosto a setembro e mínimas de 22 °C en xullo. Dúas estacións están nitidamente marcadas na illa, o verán (de novembro a abril) no que predominan as choivas, e o inverno (de maio a outubro) onde ocorre o período da seca. A humidade relativa do ar rexistrada nas estacións mais definidas xira en torno do 60% (xullo) e 80% (épocas chuviosas).
Durante os meses de xaneiro a marzo, época de chea do río Araguaia, parte da illa permanece inundada. As choivas dese período corresponden a cerca de 50% do total anual.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa do Bananal |
