Illa de Adonara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adonara
ID - Andonara.PNG
Localización da illa
Oost-NussaTenggara.png
Situación
País Flag of Indonesia.svg Indonesia
Arquipélago Illas menores da Sonda
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 8°15′S 123°09′L / -8.250, -123.150Coordenadas: 8°15′S 123°09′L / -8.250, -123.150
Xeografía
Superficie 518 km²
Perímetro 104´6
Punto máis alto 1.659 m. Ili Boleng
Demografía
Capital Sagu
Poboación 104.142 hab. (2010)

Adonara (Indonesio : Pulau Adonara) é unha 'illa' Indonesia, que forma parte de Illas menores da Sonda. A illa, que ten uns 60.000 habitantes, administrativamente forma parte da provincia de Nusa Tenggara Oriental.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa está situada entre a illa de Flores, ao oeste e a illa de Lomblen, ao leste (que separa o Estreito de Lamakera). Xunto a estas dúas illas, e outras minores forman o Arquipélago de Solor. Adonara ten unha superficie de aproximadamente 518 km² e unha costa de 104,6 km. Na súa maioría montañosa, na illa atopase o monte máis alto de todo o arquipélago (Ili Boleng de 1659 metros).

Economía[editar | editar a fonte]

A economía baséase principalmente na "Agricultura (arroz, millo, coco) e a pesca. A cidade principal é Sagu, situada na costa norte.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XVI os portugueses foron os primeiros europeos que chegaron á rexión e reclamaron, entre outras cousas Adonara como parte do seu territorio. Naquela época, a poboación da illa era pequena, había só sete ou oito pobos. En 1599, dúas igrexas foron construídas en Adonara. O mesmo século, foron habitadas por un grupo cristián no medio de todos os pobos animistas. Desde 1650 a illa formaba parte dun reino local. En 1851 o gobernador das posesións portuguesas no ámbito das illas menores da Sonda José Joaquim Lopes de Lima, vendeu a illa xuntamente con outras áreas aos Países Baixos. Este acto foi confirmado oficialmente polo Tratado de Lisboa, en 1859. Os principados de Larantuca e Adonara foron abolidos polo goberno indonesio en 1962. Algún tempo tras a independencia as autoridades locais aínda estaban enraizados no gobernantes pasados, chamado Raja.

A illa tamén é coñecida polo alcume de Illa dos asasinos, porque no pasado prolongouse durante centos de anos pelexas entre as nacións da costa e a poboación das montañas, que causou moitas vítimas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]