Illa Gran Malvina
Gran Malvina | |
---|---|
Localización da Gran Malvina | |
![]() Mapa da illa, á esquerda, a Illa Gran Malvina | |
Situación | |
País | ![]() ![]() |
Territorio británico de ultramar | Illas Malvinas |
Arquipélago | Illas Malvinas |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 51°47′51″S 60°07′55″O / -51.79750, -60.13194Coordenadas: 51°47′51″S 60°07′55″O / -51.79750, -60.13194 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 4.532 km² |
Perímetro | 1.258´7 |
Punto máis alto | 700 m. Mount Adam |
Demografía | |
Capital | Port Howard |
Poboación | 127 (2012) |
A Illa Gran Malvina (Inglés: West Falkland) é a segunda máis extensa do arquipélago das illas Malvinas no sur do Océano Atlántico, cunha superficie de aproximadamente 4,532 km², o 37% da superficie total das illas (5,413 km² incluíndo as pequenas illas adxacentes).[1] O perímetro das súa liña costeira de 1258´7 km.[1] É unha illa que presenta un terreo montañoso, separada da Illa Soidade por medio do Estreito de San Carlos.
Historia e características[editar | editar a fonte]
A illa xeralmente posúe unha poboación que rolda os 200 habitantes, esparexidos nas áreas costeiras. O poboado máis importante é Port Howard, coñecido tamén como Porto Mitre na costa leste, que habitualmente ten uns 15 residentes e conta coa súa propia pista de aterraxe. Outros sitios poboados son Albermarle, Chatres, Dunnose Head, Fox Bay, Fox Bay West, Hill Cove, Porto Stephens e Roy Cove, a maioría destes unidos por camiños, algúns posúen pistas de aterraxe e peiraos.
Na illa Gran Malvina non houbo accións de importancia durante a Guerra das Malvinas en 1982, posteriormente á guerra foron instalados dous postos da Royal Air Force: Mount Alice e Mount Byron. A economía baséase nas granxas de ovellas e no turismo; a illa é coñecida polas súas pingüíns e colonias de corvos mariños. A pesca é tamén popular nos dous ríos principais, o Warrah e o Chartres.
O punto máis austral da Gran Malvina é o Cabo Belgrano. No sur existen altos cantils onde abundan as aves mariñas e no oeste hai areosas praias con augas limpas e dunas onduladas con pastos altos. As praias son un lugar preferido polos elefantes mariños.
A illa atópase, como o resto do arquipélago, administrada polo Reino Unido como parte do territorio de ultramar das Illas Malvinas. Para a Arxentina, que a reclama, forma parte do Departamento Illas do Atlántico Sur dentro da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Pichon, Hervé; Rolland, Nicolas; Orlova, Nadège; Lombardo, Stéphane (2002). "D2.1.1 Inventory Report". European Coastal Erosion database. European Commission. p. 122. Consultado o 6 de outubro de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Gran Malvina ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Carta H-410, Isla Gran Malvina (esc. 1:200.000 - 76 cm x 110 cm)" (Mapa con toponimia arxentina). Depositado na Organización das Nacións Unidas (Buenos Aires: Servicio de Hidrografía Naval). 1969, reimpresión xullo de 1990.