Illa da Liberdade
Coordenadas: 40°41′23″N 74°02′43″O / 40.689848, -74.045298
Illa da Liberdade | |
---|---|
Liberty Island | |
![]() Vista aérea da Illa da Liberdade, coa Estatua da Liberdade. | |
Situación | |
País | ![]() |
estado | Nova York |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 43°21′33″N 8°50′17″O / 43.35903, -8.83808 |
Xeografía | |
Xeoloxía | illa artificial continental |
Superficie | 0,059558 km² |
A illa da Liberdade, antigamente chamada Illa de Bedloe, é unha pequena illa de propiedade federal deshabitada na baía de Nova York nos Estados Unidos de América, máis coñecida por atoparse nela a Estatua da Liberdade.
Historia[editar | editar a fonte]
O nome de "Illa da Liberdade" estivo en uso desde principios do século XX, aínda que o nome non foi oficialmente cambiado ata 1956. Antes da Estatua da Liberdade, a Illa de Bedloe era o fogar de Fort Wood, unha fortificación defensiva, construída en granito, tiña a forma dunha estrela de once puntas. Debido a isto, o seu alcume foi "Star Fort" (Forte estrela).
A illa é propiedade do goberno federal e mantena o National Park Service. Só é accesible para o público por transbordador, saíndo desde Battery Park City en Manhattan ou desde Liberty State Park na cidade de Jersey, Nova Jersey. Está separada da illa de Ellis por aproximadamente 1 milla (1.6 km).
A illa é un exclave do estado de Nova York situado dentro dos límites do estado de Nova Jersey.
A illa ten unha área de 59.558 metros cadrados, ou 14'717 acres, segundo a oficina de censo dos Estados Unidos.
Desde o 11 de setembro do 2001, a illa é vixiada polas patrullas gardacostas dos Estados Unidos.
Relación a Nova York e Nova Jersey[editar | editar a fonte]
A Illa da liberdade está dentro da xurisdición territorial do estado de Nova York, estabelecido en 1664, reafirmado en 1834, e que nunca se disputou oficialmente. A illa é propiedade do goberno federal desde 1800.
A crenza de que a Illa da Liberdade é parte de Nova Jersey podería ser unha dedución equivocada destes feitos:
- A proximidade da illa á cidade de Jersey.
- A súa aparición en mapas do Estado de Nova Jersey.
- A vitoria de Nova Jersey nun preito en 1998 con Nova York sobre a propiedade de partes da illa de Ellis.
- Nova Jersey proporciona todos os servizos á illa de Ellis e á illa da Liberdade, tales como electricidade, auga, e augas residuais.
A Estatua da Liberdade é demandada como símbolo por Nova York e Nova Jersey. Foi mostrado nas matrículas neoyorquinas para automóbil desde o 1986 a 2000 e nunha matrícula especial de Nova Jersey que celebraba o Liberty State Park na cidade de Jersey. A estatua tamén se pode ver nas moedas de 50 centavos do Estado de Nova York desde o 2 de xuño de 2001.
É indiscutible que os mapas debuxan a fronteira entre o Estado de Nova York e Nova Jersey no centro do río Hudson, coa illa da Liberdade situada en territorio de Nova Jersey. De feito, o Estado de Nova Jersey conserva os dereitos da terra mergullada que rodea á illa, estendéndose cara ao leste da liña que separa os estados. Nova Jersey nunca reclamou os dereitos da terra seca da illa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Illa da Liberdade |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Early History of Bedloe's Island Arquivado 21 de marzo de 2015 en Wayback Machine. na páxina do sitio de National Park Service