Illa Desolación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Desolación
Illa Desolación en Chile
Illa Desolación
Illa Desolación
Situación
País Chile
RexiónsRexión de Magallanes e da Antártica Chilena
ArquipélagoArquipélago de Terra de Fogo
MarOcéano Pacífico
Coordenadas53°1′S 74°16′O / -53.017, -74.267Coordenadas: 53°1′S 74°16′O / -53.017, -74.267
Xeografía
Superficie1.352 km²
Perímetro866´1
Punto máis alto1.128 m Monte Harte Dyke
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A Illa Desolación (castelán: Isla Desolación) é unha illa pertencente á Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena, Chile. Sitúase inmediatamente ao sur da boca occidental do Estreito de Magalláns, no océano Pacífico. A súa superficie é de 1.352 km². O relevo é moi abrupto sendo o seu cume máis alto o monte Farte Dyke, 1.097 m. O seu punto do noroeste chámase cabo Pilar e marca a entrada ao estreito de Magallanes. Máis ala do cabo Pilar hai tres rochas no mar, chamadas illotes Evangelistas.[1][2]

O clima é de tundra isotérmico, moi chuvioso, con fortes ventos do oeste. Na illa atópanse as pequenas localidades de Porto Misericordia, ao noroeste e Porto Churruca, ao leste.

Historia[editar | editar a fonte]

Debido ao seu carácter montañoso e accidentado e á carencia de recursos, a illa estivo deshabitada e só de cando en vez era percorrida por membros do pobo kawesqar, pobo que a mediados do século XIX había practicamente desaparecido pola acción do home branco.

Ata comezos do século XIX esta rexión foi chamada Terra da Desolación [3] e críase que formaba parte da illa Santa Inés. [4]

En febreiro de 1827 o comandante Pringle Stokes co HMS Beagle, efectuou o levantamento da costa norte da illa Desolación e determinou a posición do cabo Pilar, extremidade norte da illa e que constitúe a punta sur da boca occidental do estreito de Magallanes. Durante este levantamento, en porto Misericordia, tomou contacto con varias familias fueguinas. [5]

Posteriormente, durante o mes de decembro de 1829, o comandante Robert Fitz Roy ao mando do HMS Beagle efectuou o recoñecemento e traballos hidrográficos na costa sur de illa Desolación. Cartografou baía Dislocación, baía Barrister e os pasos e baías existentes nos arredores das illas Graves, Week e Recalada. Visualizou a existencia de dúas estreitas canles que comunicarían a baía Otway co estreito de Magalláns, pero por falta de tempo non os explorou. Tanto nas proximidades da illa Graves como na illa Recalada tomou contacto con grupos de indíxenas kawésqar. [6]

Illa Desolación na ficción[editar | editar a fonte]

A novela The ice limit de Douglas Preston e Lincoln Child describiu unha expedición a Illa Desolación preto do Cabo de Hornos en Chile. O mapa na edición (de peto) identifica incorrectamente Illa Wollastone como Illa Desolacion. Os autores, nunha nota, din que isto é intencional.

James Michener na súa novela Hawaii representa un intento dun veleiro para pasar o estreito de Magalláns, describindo a saída occidental máis aló de Illa desolación como o a parte máis difícil da pasaxe.

Na novela de Herman Melville Moby-Dick, o narrador Ishmael recorda unha tablilla de mármore nunha capela dos baleeiros en New Bedford que rende homenaxe a un baleeiro chamado John Talbot, que perdeu a súa vida como cazador de baleas "preto da Illa da Desolación, na Patagonia".

Na novela de Patrick O'Brian Blue at the Mizzen, un barco de guerra británico é enviado nunha misión de paz a Chile e aos Estreitos de Magalláns.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J. David Williams (1873). "Patagonia". The Peoples' Pictorial Atlas. New York. Consultado o 2012-01-10 (map) 
  2. J. H. Colton (1857). "Patagonia". New York. Consultado o 2012-01-10 (map) 
  3. Solana A 1899, p. 254.
  4. Solana A 1899, p. 741.
  5. King 1839, pp. 74-78.
  6. King 1839, pp. 361-371.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]