Plan Cerdà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proxecto orixinal do Plan Cerdà.

O Plan Cerdà (en catalán: Pla Cerdà) foi un plan de reforma e ensanche da cidade de Barcelona de 1860, que seguía criterios do plan hipodámico, cunha estrutura en cuadrícula, aberta e igualitaria. Foi creado polo enxeñeiro Ildefons Cerdà e a súa aprobación foi seguida dunha forte polémica por vir imposto dende o goberno do estado español en contra do plan de Antoni Rovira i Trias que gañara un concurso do Concello de Barcelona. O ensanche contemplado no plan despregábase sobre unha grande superficie que estaba libre de construcións polo feito de ter sido considerada zona militar estratéxica. Propoñía unha cuadrícula continua de quinteiros de 113,3 metros dende Besòs até Montjuïc, con rúas de 20, 30 e 60 metros e cunha altura máxima de construción de 16 metros. A novidade na aplicación do plan hipodámico consistía en que as mazás tiñan chafráns de 45° para facer posíbel unha mellor visibilidade.[1]

A realización do plan durou case un século. Ó longo de todo ese tempo, o plan foise transformando e moitas das súas directrices non se aplicaron. Os intereses dos propietarios do solo e a especulación desvirtuaron finalmente o plan Cerdà.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]