Saltar ao contido

Igor Akinfeev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIgor Akinfeev

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Vidnoe, Rusia Editar o valor en Wikidata
EducaciónMoscow State Academy of Physical Culture (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaRusia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo35 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
1991–2002 fútbol base PFC CSKA Moscova
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2002– PFC CSKA Moscova
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2018   Rusia
Participou en
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2016Eurocopa de Fútbol Francia 2016
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: 100009945583706 Instagram: igor_igor_akinfeev FIFA: 215017 UEFA: 66794 Editar o valor en Wikidata

Igor Vladimirovich Akinfeev (en ruso: Игорь Владимирович Акинфеев), nado en Vidnoe, óblast de Moscova, Unión Soviética, o 8 de abril de 1986, é un futbolista ruso que xoga como porteiro e capitán do CSKA Moscova. Militou durante toda a súa carreira en dito club, co que disputou máis de 700 partidos oficiais, sendo o xogador con máis encontros da historia do club. Gañou seis títulos da Liga Premier rusa e seis Copas de Rusia, así como a Copa da UEFA en 2005. É tamén o futbolista con máis partidos disputados na historia da máxima categoría rusa, con 514 encontros (a 21 de maio de 2022).

Foi 111 veces internacional absoluto coa selección rusa entre 2004 e 2018, disputando catro Eurocopas e dúas Copas do Mundo. Foi nomeado capitán de Rusia en marzo de 2017, trala retirada da selección seu predecesor, Vasili Berezutski.[1] Akinfeev lidera o Club Lev Iashin como o porteiro ruso con maior número de partidos deixando a portería a cero (341), superando en máis de 100 ao segundo clasificado, Rinat Dasaev.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 8 de abril de 1986 na cidade de Vidnoe, no óblast de Moscova. Aos 4 anos ingresou na canteira do CSKA e ocupou a posición de porteiro dende o segundo adestramento. En 2002 gañou o campionato xuvenil de Rusia co CSKA.

Akinfeev xogando no CSKA Moscova en outubro de 2015
Akinfeev en abril de 2018

Debutou co primeiro equipo do CSKA aos 16 anos, parando un penalti e mantendo a portería a cero nunha vitoria por 2-0 ante o FC Krylia Sovetov Samara.[2] Aos 17 anos era xa o porteiro titular do equipo e no 2003 gañou a súa primeira liga rusa. Na tempada 2004/05 debutou na Liga de Campións, disputando todos os partidos da primeira fase e converténdose naquel momento no segundo porteiro máis novo en xogar na máxima competición continental, superado só en precocidade por Iker Casillas. O equipo quedou eliminado e pasou á Copa da UEFA, onde se acabou proclamando campión tras derrotar na final ao Sporting CP no estadio José Alvalade.[3] A ese título sumou tamén os de liga e Copa de Rusia, logrando así un histórico triplete.

En 2006 gañou o seu terceiro título da liga rusa e unha segunda Copa de Rusia e foi galardoado co trofeo Zvezda, que premia ao mellor futbolista do ano nos países que formaban a antiga Unión Soviética.[4]

Na Liga de Campións 2006/07 mantívose 362 minutos sen encaixar un gol, ata que Ricardo Quaresma, do Porto, conseguiu batelo no quinto partido da fase de grupos.[5] En 2008 relevou a Sergei Ignashevich como capitán do club e durante os seguintes anos continuou aumentando a súa conta de títulos no fútbol ruso. Na tempada 2012/13, na que o club gañou liga e Copa, foi elixido mellor futbolista ruso do ano.

O 14 de maio de 2014 superou o histórico Lev Iashin como o porteiro co terceiro maior número de partidos coa portería a cero no fútbol ruso, e pouco despois superou tamén a Evgenii Rudakov e Rinat Dasaev, para colocarse na primeira posición do chamado Club Lev Iashin.[6] Ademais superou o seu compañeiro Sergei Ignashevich como o xogador con máis partidos na historia do CSKA e en agosto de 2021 superou os 489 partidos na liga rusa do propio Ignashevich, converténdose no futbolista con máis partidos da historia na competición.[7]

Selección rusa

[editar | editar a fonte]

Foi 111 veces internacional coa selección rusa, coa que debutou nun partido amigable contra Noruega o 28 de abril de 2004, aos 18 anos e 20 días. Converteuse así no xogador máis novo en vestir a camisola rusa, e no terceiro tendo en conta a selección soviética, por detrás neste caso de Eduard Streltsov e Sergei Rodionov.[8] Ese mesmo ano foi incluído na convocatoria do equipo ruso para a Eurocopa de 2004, como terceiro porteiro por detrás de Sergei Ovchinnikov e Viacheslav Malafeev

En 2005, coincidindo cunha lesión de longa duración de Malafeev, Akinfeev converteuse no porteiro titular da selección. Disputou tódolos partidos de Rusia na Eurocopa de 2008, alcanzando as semifinais.  Acudiu tamén á Eurocopa de 2012, pero o seleccionador Dick Advocaat elixiu a Malafeev como primeiro gardameta, quedando Rusia eliminada na fase de grupos.

Akinfeev foi o escollido por Fabio Capello para ocupar a portería rusa no Mundial de 2014.[9] Despois dun empate e unha derrota nos dous primeiros encontros, no terceiro e decisivo partido ante Alxeria Rusia adiantouse no marcador, ata que na segunda parte Islam Slimani logrou o empate cun lanzamento de falta no que Akinfeev foi encandeado por un láser verde que dirixiron á súa cara dende a bancada. A Federación Alxeriana foi sancionada por este incidente, pero con ese resultado Rusia quedou eliminada do Mundial.[10][11]

Akinfeev (dereita) antes do partido do Mundial de 2018 contra España

O 27 de marzo de 2015, nun partido de clasificación para a Eurocopa ante Montenegro, Akinfeev recibiu na cabeza o impacto dunha bengala lanzada dende a bancada, 20 segundos despois do saque inicial. O partido foi suspendido durante 35 minutos mentres era atendido, e retomouse coa súa substitución por Iurii Lodygin. O partido foi suspendido definitivamente despois dunha pelexa, mentres que o porteiro era trasladado a un hospital de Podgorica cunha ferida no pescozo e queimaduras leves.[12]

En 2016 disputou a Eurocopa de Francia, o seu terceiro torneo continental, no que a selección rusa rematou no último lugar do Grupo B, con só un punto en tres partidos. En 2016 pasou a levar o brazalete de capitán e na Copa Confederacións de 2017 cumpriu o seu partido número 100 coa selección, nunha derrota por 1-0 ante Portugal.[13]

Capitaneou o combinado ruso na Copa Mundial de 2018, disputada no seu propio país.[14] Titular en tódolos encontros, Akinfeev foi fundamental para que os rusos eliminasen a España nos oitavos de final, nos que lle parou dous lanzamentos a Koke e Iago Aspas na quenda de penaltis, sendo elixido mellor xogador do partido.[15] Con todo, os rusos quedaron eliminados nos cuartos de final ante Croacia, nunha nova quenda de penaltis na que Akinfeev detivo o lanzamento de Mateo Kovačić.

O 1 de outubro de 2018 anunciou a súa retirada da selección nacional.[16]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
CSKA Moscova

 

  1. "Meet the Confed Cup captains". FIFA (en inglés). 17 de xuño de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  2. "Igor Akinfeev fast becoming the heir to the legendary Lev Yashin" (en inglés). 22 de agosto de 2013. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  3. "Sporting 1-3 CSKA Moscow". BBC (en inglés). 18 de maio de 2005. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  4. "Игорь Акинфеев: не зря на тренировках пот проливал" (en ruso). 28 de decembro de 2006. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  5. "PFC CSKA Moskva 0-2 Porto". UEFA. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  6. "Акинфеев обогнал Дасаева по «сухим» матчам за российские команды" (en ruso). 14 de novembro de 2015. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  7. "Игорь Акинфеев сыграл 490-й матч в РПЛ и стал рекордсменом чемпионатов России" (en ruso). 21 de agosto de 2021. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  8. "It is Make or Break for Igor Akinfeev at Euro 2016" (en inglés). 9 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  9. "Знакомьтесь, сборная России" (en ruso). 2 de xuño de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  10. Lowe, Sid (26 de xuño de 2014). "Algeria through but Russia’s Akinfeev distracted by laser for Slimani goal". The Guardian (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  11. "World Cup 2014: Russia goalkeeper targeted by laser". BBC (en inglés). 27 de xuño de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  12. "Russia keeper Akinfeev hit by flare in abandoned Montenegro match". BBC (en inglés). 27 de marzo de 2015. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  13. "Cristiano Ronaldo header earns Portugal Confederations Cup win over Russia". The Guardian (en inglés). 22 de xuño de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  14. "Заявка сборной России на Чемпионат мира FIFA 2018". rfs.ru (en ruso). 3 de xuño de 2018. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  15. "España despídese do Mundial na quenda de penaltis". Televisión de Galicia. 1 de xullo de 2018. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  16. "Игорь Акинфеев завершил выступления за сборную России" (en ruso). 1 de outubro de 2018. Consultado o 22 de xuño de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]