Club Lev Iashin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Club Lev Iashin (en ruso: Клуб имени Льва Яшина) é unha lista non oficial de porteiros de fútbol soviéticos e rusos que durante a súa carreira profesional deixaron a portería a cero en 100 ou máis partidos.[1] O club leva o nome do primeiro porteiro soviético que logrou esa cifra: Lev Iashin. A lista foi creada e mantida polo xornalista e estatístico Konstantin Esenin.[2]

Criterios[editar | editar a fonte]

Para a confección da lista, Esenin tivo en conta os partidos disputados nas seguintes competicións: 

  1. Campionato: partidos nas principais competicións de liga do fútbol soviético e ruso.
  2. Copa: partidos da Copa e Supercopa de Rusia e da Unión Soviética.
  3. Copas de Europa: partidos da Copa de Europa/Liga de Campións, Copa da UEFA/Europa League, Recopa de Europa e Copa Intertoto.
  4. Selección nacional - partidos oficiais das seleccións nacionais e olímpicas.

Club Lev Iashin[editar | editar a fonte]

Actualizado a 21 de maio de 2022.

Posto Nationalidade Nome Club(s) Total de partidos a cero Liga nacional Copas nacionais Copas europeas Selección nacional
1 Rusia Igor Akinfeev CSKA Moscova 341 233 20 40 48
2 Unión Soviética Rinat Dasaev Spartak Moscova 229 147 19 19 44
3 Unión Soviética Evgenii Rudakov Dynamo Kyiv 206 143 14 25 24
4 Unión Soviética Lev Iashin Dinamo Moscova 204 160 18 0 26
5 Rusia Viacheslav Malafeev Zenit San Petersburgo 177 121 16 25 15
6 Rusia Sergei Ryzhikov Saturn Ramenskoe, Lokomotiv Moscova, Tom Tomsk, Rubín Kazán, Krylia Sovetov, Tambov, Dinamo Moscova, 172 134 12 26 0
7 Rusia Sergei Ovchinnikov Lokomotiv Moscova, Dinamo Moscova 167 136 14 9 8
8 Unión Soviética Anzor Kavazashvili FC Dinamo Tbilisi, Zenit Leningrado, Torpedo Moscova, Spartak Moscova 163 129 12 7 15
9 Rusia Aleksandr Filimonov FC Fakel Voronezh, FC Tekstilshchik Kamyshin, Spartak Moscova, FC Uralan Elista, FC Moscova, FC Arsenal Tula 154 118 14 15 7
10 Rusia Guilherme Marinato Lokomotiv Moscova 152 118 22 9 13
11 Unión Soviética Viktor Chanov FC Shakhtar Donetsk, Dynamo Kyiv 150 106 13 15 16
12 Unión Soviética Yuriy Dehteryov FC Shakhtar Donetsk 147 110 24 3 10
13 Unión Soviética Oleksandr Tkachenko FC Zorya Luhansk, Zenit Leningrado 145 119 22 3 1
14 Unión Soviética Viktor Bannikov Dynamo Kyiv, Torpedo Moscova 138 107 24 2 5
15 Unión Soviética Alesha Abrahamian FC Ararat Yerevan 138 116 15 7 0
16 Unión SoviéticaRusia Stanislav Cherchesov Spartak Moscova, Lokomotiv Moscova 134 82 10 17 25
17 Unión Soviética Vladimir Maslachenko Spartak Moscova, Lokomotiv Moscova 133 113 15 1 4
18 Unión Soviética Sergei Kramarenko Neftchi PFK Baku, FC Chernomorets Odessa 132 116 16 0 0
19 Unión Soviética Viacheslav Chanov FC Shakhtar Donetsk, Torpedo Moscova, Neftchi PFK Baku, CSKA Moscova 129 103 25 1 0
20 Unión Soviética Otar Gabelia FC Dinamo Tbilisi, FC Torpedo Kutaisi 130 102 16 12 0
21 Unión Soviética Ramaz Urushadze FC Torpedo Kutaisi, FC Dinamo Tbilisi 121 113 6 0 2
22 Unión Soviética Vladimir Pilgui Dinamo Moscova, FC Kuban Krasnodar 120 84 27 4 5
23 Rusia Vladimir Gabulov Dinamo Moscova, FC Alania Vladikavkaz, CSKA Moscova, FC Kuban Krasnodar, FC Amkar Perm, FC Anzhi Makhachkala 119 87 8 18 6
24 Rusia Aleksandr Belenov Saliut Belgorod, Spartak Moscova, Kubañ Krasnodar, Anzhi Makhachkala, Ufa 116 100 11 5 0
25 Unión Soviética Iurii Pshenichnikov Pakhtakor Tashkent FK, CSKA Moscova 111 96 6 2 7
26 Armenia Roman Berezovsky Zenit San Petersburgo, Torpedo Moscova, Dinamo Moscova, FC Khimki 107 103 3 1 0
27 Rusia Ruslan Nigmatullin FC KAMAZ Naberezhnye Chelny, Spartak Moscova, Lokomotiv Moscova, CSKA Moscova, FC Terek Grozny 103 72 8 11 12
28 Rusia Anton Shunin Dinamo Moscova 102 93 5 1 3
29 Unión Soviética Nikolai Gontar FC Luch-Energiya Vladivostok, Dinamo Moscova 101 77 13 6 5
30 Unión Soviética Aleksandr Podshivalov FC Ararat Yerevan, Torpedo Moscova 101 93 4 4 0
31 Unión Soviética Jonas Bauža FK Vilnius Spartakas, CSKA Moscova, Dinamo Moscova, Spartak Moscova, FC Chornomorets Odesa 100 89 11 0 0

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]