Iecava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iecava
Iecava, Letonia
Topónimo oficial Iecava
País Letonia
Poboación:  
 - Total 5660 (2017)[1]
Alcalde  Iavars Mačeks
Páxina web  www.iecava.lv

Iecava (en letón Iecava, en polaco Ekawa) é unha vila de Letonia. Forma parte da rexión administrativa de Zemgale, ocupa veciñanza coa capital do país ao localizarse a 46 km de Riga. O parque principal da cidade acolle o maior número de niños de corvos do país.

Historia e persoeiros[editar | editar a fonte]

Iecava foi un dos campos de batalla entre tropas rusas e prusianas baixo o mando de Napoleón durante o seu intento de invasión ao Imperio Ruso. Na Primeira Guerra Mundial voluntarios fineses achegaron en Iecava suficiente artillaría para conter o ataque do xeneral Radko Dimitriev contra tropas alemás. [2] En Iecava pódese atopar un cemiterio formado por 1116 tumbas de soldados soviéticos caídos alí en batalla no ano 1944. [3]

Iecava, cemiterio de soldados soviéticos da Segunda Guerra Mundial, Letonia

Entre os veciños destacados atópanse :

Economía[editar | editar a fonte]

A industría avícola e en concreto a produción de ovos, con case dous millóns ao día lideran a economía en Iecava. Balticovo posúe a súa factoría nas lindes da vila. [4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Iecava(en letón)
  2. Iecava(en inglés)
  3. Iecava(en inglés)
  4. Iecava Arquivado 02 de maio de 2019 en Wayback Machine.(en inglés)