Zemgale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaZemgale
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 57°N 24°L / 57, 24Coordenadas: 57°N 24°L / 57, 24
EstadoLetonia Editar o valor em Wikidata

Zemgale, tamén coñecida polo nome latinizado de Semigalia, é unha das seis rexións de Letonia. Sitúase ao sur do país, á beira de Lituania.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Abrangue os seguintes concellos e cidades (c):

Demografía[editar | editar a fonte]

A evolución demográfica recente dos seus distritos é a seguinte:[2]

2000 2011 2021
Aizkraukles 40 151 33 493 29 367
Bauskas 54 855 47 104 41 755
Dobeles 39 618 39 618 28 517
Jēkabpils 56 257 46 703 40 576
Jelgava (cidade) 66 375 59 511 55 336
Jelgavas 37 337 34 402 31 969

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome de Semigallia aparece en fontes como Seimgala, Zimgola e Sem[e]gallen. O elemento -gal[l] significa "fronteira" ou "extremo", mentres que a primeira sílaba corresponde a ziem ("norte"). Así pois, os semigaliáns eran os "habitantes das terras fronteirizas do norte", é dicir, dentro do contexto de Semigalia o pobo báltico das partes baixas dos vales dos ríos Mūša e Lielupe.[3]

Historia e lingua[editar | editar a fonte]

Zemgale é unha das rexións históricas e culturais de Letonia, pero hoxe en día non exercita ningún rango administrativo no país, só forma parte das rexións estatísticas. Xunto con Kurzeme e Selónia foron parte no pasado do Ducado da Curlandia e Semigália, vasalo de Lituania. Baixo o Imperio ruso esta rexión era coñecida como a Gobernatura de Curlandia.[4]

A extinta lingua semigaliá pertence ao grupo de linguas do leste báltico. Foi a lingua da rexión ata o século XVI en zonas do norte de Lituania e sur de Letonia, cando o pobo Semigaliá foi asimiliado tanto por Lituania como pola parte letoa. O semigalián non deixou mostras escritas observábeis, polo que o estudo desta lingua ágrafa baséase na topoloxía e no vocabulario oral conservado, como por exemplo no referente á auga. O semigalián foi identificado con elementos característicos tamén observados no curonio e no letón. Os son k, g no letón moderno son idénticos ao c, dz en semigalián.[5]

Economía[editar | editar a fonte]

Zemgale é notoría polas súas leiras moi productivas para a agricultura, con case o 40 % da rexión forestada. O produto rexional bruto (GRP) é de 2 500 millóns de euros en 2023.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Información demográfica de Letonia
  2. "VIDZEME. Statistical Region in Latvia". citypopulation.de. 1 de xaneiro de 2021. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  3. Bojt r, Endre (1999-01-01). Foreword to the Past: A Cultural History of the Baltic People. Central European University Press. ISBN 9789639116429 – vía Google Books. 
  4. Smith, David James, ed. (2005). The Baltic States and Their Region (en inglés). Ámsterdam / Nova York: Rodopi B.V. ISBN 9789042016668. 
  5. "Semigalian language". tied.verbix.com. Consultado o 2023-12-03. 
  6. "Gross domestic product by region and city (at current prices) 2000 - 2020". Oficiālās statistikas portāls (en inglés). Consultado o 2023-12-03.