Ichthys
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
O ichtus ou ichthys (en grego, ΙΧΘΥΣ, ['ix.θys], peixe) é un símbolo que consiste en dous arcos que se intersecan de forma que parece o perfil dun peixe, e que foi empregado polos primeiros cristiáns como un símbolo secreto e un método de identificación entre os crentes.[1]
É un acrónimo, a partir do grego e que significa: Iēsoûs Christós Theoû hYiós Sōtér; "Xesucristo, Fillo de Deus, Salvador".[2]
O uso do ichtus como símbolo secreto puido ser o seguinte: unha persoa debuxaba unhas liñas rectas e curvas na area de xeito aparentemente aleatorio, das que unha delas era un arco circular (medio ichtus). Se outra persoa debuxaba máis liñas no chan e completaba a figura, os dous saberían que ambos eran cristiáns.
Tamén era usado secretamente cando dúas persoas que non se coñecían moi ben se vían novamente, unha delas facíalle a metade do símbolo do peixe na palma da man a un ao saudalo e o outro respondía facendo a outra metade se tamén era fervente Cristián, se non pasaba como unha cóxega ou accidente, pero a maioría das veces tomábanse moitas precaucións, como o de investigar á outra persoas de antemán.
Antes do Edicto de Milán os cristiáns non podían revelar abertamente a súa fe, xa que corrían o risco de seren perseguidos ou executados.
Interpretacións
[editar | editar a fonte]O peixe tamén se interpreta desde a psicoloxía arquetípica como símbolo da verdade profunda (baixo a auga) que se oculta para ser atrapada e, de seguido, saír á luz; que brilla en segredo nun primeiro momento, e o pescador debe obtelo para alimentarse.
Interpretación bíblica
[editar | editar a fonte]Na Biblia aparece Pedro como pescador, e Xesús simbolicamente representaría como o guía á verdade. Púidose establecer un vínculo entre Xesus e o peixe a partir do baño no baptisterio (piscina, que literalmente significa estanque de peixes) e a parábola dos pescadores de homes que refería aos apóstolos. O peixe era un símbolo de boa sorte.
Interpretación astrolóxica
[editar | editar a fonte]Outra interpretación deriva das condicións astrolóxicas da "Era de Piscis" xa que a conxunción aúrea de Xúpiter e Saturno tivo lugar no ano 7 a.C. (o ano do presunto nacemento de Cristo) tres veces no signo de Piscis no zodíaco. Interpretouse que Xesús era a primeira deidade cósmica dos peixes. E designábase aos recentemente convertidos como "pisciculi" (peixiños) e o peixe converteuse, xunto co pan en símbolo da eucaristía.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "On Baptism". Christian Classics Ethereal Library (en inglés). Consultado o 11-11-2018.
- ↑ San Agustín: De Civitate Dei, libro XVIII, cap. XXIII.
- ↑ Biederman (2013), p. 357
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ichthys |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Biedermann, Hans (2013). Diccionario de símbolos. Col. Lexicon. Barcelona: Ed. Paidós. ISBN 978-8449329647.
- Dölger, Franz Joseph (1999). ICHTHYS 1. Peter W. Metzler Verlag. ISBN 3-936283-01-X.