Khi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maiúscula e minúscula da letra khi.

Khi é a vixésimo segunda letra do alfabeto grego (χῖ); equivale ao /χ/, o son do iota castelán; anteriormente tiña o valor de /kh/, oclusiva velar xorda aspirada. Minúscula χ, maiúscula Χ. Adoita transcribirse como c ou qu. Como signo numérico representaba o seiscentos. En maiúscula serve tamén para designar o vixésimo segundo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o vixésimo segundo da Odisea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Alfabeto grego
Alfa - Beta - Gamma - Delta - Epsilon - Dseta - Eta - Theta - Iota - Kappa - Lambda - Mi - Ni - Xi - Omicrón - Pi - Rho - Sigma - Tau - Ipsilon - Fi - Khi - Psi - Omega
Letras suplementarias do alfabeto grego
Digamma - Stigma - Heta - San - Sho - Qoppa - Sampi